1ª PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA SENIOR: TOMIÑO


A praia fluvial de Goián en Tomiño será a sede da 1ª proba do Circuito Galego de Volei Praia Sénior que se celebrará os vindeiros 23 e 24 de xuño. Esta proba, que será puntuable tamén para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de España. comezará o sábado coas eliminatorias da fase previa e disputarase ao longo de toda a fin de semana ata as finais do domingo pola tarde.

Todos os xogadores deberán ter tramitada a través dun club a súa licenza nacional ou autonómica galega de volei praia e o correspondente Seguro Obrigatorio de Accidentes Deportivos. A inscrición terá un custe de 15 € por parella e poderá facerse ata as 20:00 h do xoves dia 21 de xuño na web http://www.vigoarena.com/.
 
Os premios serán os seguintes:
 
1º- 150 € 
2º- 90 € 
3º- 60 € 
4º- 20 €

Máis información en http://www.vigoarena.com/

Publicacións populares deste blog

Comeza a tempada 2018

XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE

E ti, queres xogar?