CAMPEONATO EN OURENSE


O Campionato Galego Senior de Voley Praia celebra a súa 3ª proba esta fin de semana do 20 ao 22 de xullo coa disputa da V Copa Deputación Senior e VII Trofeo Cidade de Ourense organizada polo Club Ourense Voley Praia e coa colaboración da Federación Galega de Voleibol. O programa horario será o seguinte:
Venres dia 20 de xullo (a partir das 16:00 h):
Previa torneo masculino.
Sábado dia 21 de xullo:
Cadro Final torneo masculino 
Domingo dia 22 de xullo:
Cadro Final Feminino

A inscrición no torneo de Ourense farase achegando un email a ourensevoleipraia@gmail.com antes do mércores dia 18 ás 20:00 horas indicando nome, apelidos, DNI, clube de procedencia dos dous membros da parella e tlf de contacto. A inscrición estará limitada a 24 parellas na categoria masculina e a 16 na feminina e o custe será de 20 € por parella (ingreso no nº de conta: 2080 0471 78 3040002465 ou en efectivo na propia praia) 

Os premios de ámbalas dúas categorías serán os seguintes:

1º clasificado: 100 € + trofeo
2º clasificado: 70 € + trofeo
3º clasificado: 50 € + trofeo
4º clasificado: 30 € + trofeo
5º-8º clasificado: trofeo.

* No caso de haber menos de 12 parellas nalgunha das categorias a organización poderá axustar os premios desta ao número real de inscritos. 

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a licenza autonómica galega ou a licenza nacional de volei praia para poder participar nesta competición e os participantes deberán xogar os partidos coas camisetas que lle serán entregadas pola organización.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP