VIII TORNEO CIDADE DE OURENSE DE VOLEI PRAIA

Para inscribiros o solicitar información enviad un correo a ourensevoleipraia@gmail.com.


Campionato Galego Senior de Volei Praia inicia a súa andaina coa celebración da súa primeira proba o vindeira fin de semana do 14 ao 16 de xuño en Ourense. O VIII Trofeo Cidade de Ourense, organizado polo Club Ourense Volei Praia e coa colaboración da Federación Galega de Voleibol, constitúe o punto de arranque dun circuíto galego que promete intensas emocións ao longo desta tempada. Todas as probas serán puntuables para o RNVP e clasificatorias para o Campionato de España de Volei Praia Senior.
 
O programa horario será o seguinte:
 
Venres dia 14 de xuño (a partir das 16:00 h):
Previa torneo masculino.
 
Sábado dia 15 de xuño:
Cadro Final torneo masculino de 16 equipos 
 
Domingo dia 16 de xuño:
Cadro Final Feminino de 16 equipos

inscrición no torneo de Ourense farase achegando un email a ourensevoleipraia@gmail.com antes do mércores dia 12 ás 20:00 horas indicando nome, apelidos, DNI, clube de procedencia dos dous membros da parella e tlf de contacto. A inscrición estará limitada a 24 parellas na categoría masculina e a 16 na feminina e o custe será de 20 € por parella (10 € para aquelas parellas formadas por dous persoas pertencentes ao COVP). O ingreso poderase facer no nº de conta: 2080 0471 78 3040002465 ou en efectivo na propia praia. 

Os premios de ámbalas dúas categorías serán os seguintes:

1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
5º-8º clasificado: trofeo.

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a licenza autonómica galega ou a licenza nacional de volei praia para poder participar nesta competición e que as parellas participantes deberán xogar os seus partidos debidamenteuniformados tal e como establece o Regulamento Técnico de Voley Praia da FGVb e da RFEVb.  
 
As listas de entrada do torneo, ordeadas en función do RNVP a data 10 de xuño, poderedes consultalas nesta mesma noticia a medida que se achegue a data de celebración da proba.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP