QUARTA PROBA DO CGVP 2016 EN MARIN

Este fin de semana temos a cuarta proba do CGVB os días 2 e 3 de xullo na praia de Loira en Marín.


A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
Ao longo do fin de semana, ademáis dos Circuitos Galegos Senior (que incluirá Sub 21 e Sub 19), disputaranse as categorías infantil e cadete.

A inscrición nesta proba de Marín farase achegando, antes do mércores día 29 de xuño ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/asadxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVB sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVB debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21).
O ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Novagalicia Banco ES65 2080 5126 13 3040005689 (indicando no concepto o nome do responsable a inscribir, deporte e sede) ou ben, previo aviso, en efectivo na propia praia. Nas categorías cadete e infantil a inscrición será gratuita.

Os premios nas dúas categorías senior serán os seguintes:

1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría (ata 200 euros)
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 100 euros)
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 60 euros)
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 40 euros)


Cuadros de entrada:

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP