PROBA DO CGVP EN DUMBRÍA PARA CATEGORÍAS INFERIORES


A próxima fin de semana, 23 e 24 de xullo, haberá torneo para as categorías inferiores (sub-21, sub-19, cadete e infantil) descansando así os e as senior.


O programa é o seguinte: 
  • Sábado, 23: Categorías infantil e Sub 19 
  • Domingo, 24: Categorias cadete e Sub 21


A inscrición nesta proba de Dumbría farase achegando, antes do mércores día 20 de xullo ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.


Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 




Listas de entrada:

Publicacións populares deste blog

Comeza a tempada 2018

XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE

E ti, queres xogar?