II TORNEO INTERNACIONAL DE VOLEI PRAIA DE AS PONTES

O Circuíto Galego de Volei Praia chega ao seu fin o vindeiro fin de semana. 
O sábado 20 e o domingo 21 de agosto a tempada de praia terá unha clausura espectacular co II Torneo Internacional de Volei Praia “Lago de As Pontes”.


Esta derradeira proba albergará as categorías senior masculina e feminina, nas que será puntuable para o Ranking Nacional de Volei Praia. Ademais, outro dos grandes alicientes do torneo serán os seus premios, que terán o seguinte valor tanto na categoría masculina como na feminina:
1º clasificado – 1.200€

2º clasificado – 600€

3º clasificado – 300€

4º clasificado – 150€

A inscrición nesta proba de As Pontes farase achegando, antes do mércores día 17 ás 20:00 horas, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes xunto co xustificante bancario da inscrición.

Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 
A inscrición terá un custe de 30 € por parella e o ingreso deberá facerse no nº de conta:  ES35 2080 0208 0730 4000 6140 de Abanca.

Lista de entrada:

Senior feminino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20entrada%20SF.pdf
Senior masculino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20entrada%20SM.pdf

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP