INFORMACIÓN REUNIÓN PRESENTACIÓN

O domingo 30 de maio tivemos a reunión de presentación desta nova tempada 2017.
Nesta, fornecimos información de interese en relación ao club, á organización, ás tarifas, aos horarios...

Os puntos máis destacados da xuntanza foron:
  • Este ano contaremos cun coordinador das escolas deportivas con dedicación exclusiva. O seu nome é Roberto Castro González. É licenciado en inef e conta con unha ampla experiencia como adestrador de voleibol e volei praia e organización de eventos deportivos. 
  • Este ano celebrarase o torneo "Vaia vaia en Ou hai praia"  tódolos mércores en Oira, co fin de chegar mellor preparados para os torneos da fin de semana e fomentar a convivencia entre os membros do club. 
  • Para aqueles que o desexen, durante o mes de maio teremos xornadas "Descubre o Volei Praia" os domingos pola tarde. Valoraremos según o interese dos participantes a estas xornadas comezar os adestramentos un día a semana. En xuño comezan os dous adestramentos por semana.
  • Estade atentos ao blog e as redes xa que a próxima semana publicaremos os horarios provisionáis para cada grupo e abriranse as inscricións (limitadas a 12 xogadores por grupo).  
Calquera cuestión que poda xurdir, non dudedes en contactar con nós. 

A continuación adxuntamos os documentos que se distribuiron na reunión:

-Inscripción tempada 2017 (entregar durante o mes de maio nas xornadas dos domingos ou enviar a folla escaneada a secretariacovp@gmail.com): https://drive.google.com/file/d/0B1Q4aUS8CECLTkZOY2VJdFJPT28/view?usp=sharing


-Autorización para actividades do COVP (entregar durante o mes de maio nas xornadas dos domingos ou enviar a folla escaneada a secretariacovp@gmail.com)https://drive.google.com/file/d/0B1Q4aUS8CECLUndlSWZFUWhhSXM/view?usp=sharing


-Fotografía do novo coordinador das escolas deportivas, Roberto Castro González: https://drive.google.com/file/d/0B1Q4aUS8CECLNExQTmZwWTQxTmM/view?usp=sharing



Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP