XII TORNEO CIDADE DE OURENSE



O vindeiro fin de semana do 16 ao 18 de xuño organízase o XII torneo da Cidade de Ourense. Debido a que só contamos cunha pista de xogo o torneo limitarase a 14 parellas masculinas e a 14 parellas femininas inscritas con mellor ranking nacional de volei praia.

O venres haberá previa feminina e masculina a partir das 17:00h, o sábado será o cadro final do torneo masculino e o domingo do feminino.
Tanto o sábado como o domingo o torneo comezará ás 09:00h (Reunión técnica ás 08:30 (deberá estar presente un representante de cada club))

Por outra parte, o mércores realizarase un torneo no campo de Oira para os socios do club que estean inscritos à proba do campionato galego senior, non terá ningún coste e a parella gañadora pasará directamente ao cadro para o torneo da fin de semana. 

É unha boa maneira de comezar a competir e de ter opcións de entrar no torneo para aqueles que non tedes puntos do ano pasado. 

Recordar que para xogar tedes que facer a licencia e inscribirvos antes do martes ás 20:00h.

As parellas do COVP inscritas son: 

  1. Alicia Viso e Xiana Cid (Sub-17)
  2. Andrea Valeria e Cristina Freire (Sub-17)
  3. Juan Carlos Rodríguez e Jesús Álvarez (Sub-19)
  4. Gladys Giráldez e Patricia González (Sub-21)
  5. Elena Sardiña e Sara Rivera(VPV) (Senior)
  6. Rebeca Kruse e Alexandra del Castillo ( Senior)
  7. Boris Trillo e Iván Vázquez (Senior)
  8. Antonio Molina e César Molina (Senior)
  9. Carlos Fernández e Rubén Sixto (Senior)


Publicacións populares deste blog

Comeza a tempada 2018

XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE

E ti, queres xogar?