RESULTADOS DOS EQUIPOS GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE



Un ano máis a Costa da Morte converteuse en epicentro do volei praia nacional acollendo unha das citas de maior envergadura para a canteira española. O título cadete arrincou o venres cos primeiros encontros.
Sete conxuntos galegos acudiron á cita pero nesta ocasión non tivemos representantes da nosa terra nos podios nacionais.

No apartado masculino, os mellor clasificados foron os conxuntos de Club Vigo Voleibol e Voleiboleiros Sada, que finalizaron na quinta posición despois de caer nos cuartos de final dunha competición moi esixente.
Pechan a participación galega neste apartado VB Dumbría e Calasancias Coruña. Ambos perderon os dous primeiros encontros e pasaron a disputar o cadro de consolación do torneo. O Calasancias, optou así á décimo terceira praza.
Pola súa banda, os dumbrienses quedaron relegados á cola da táboa.

No apartado feminino, o conxunto mellor clasificado da nosa comunidade foi o VP Riazor, que acadou a novena praza.
Moi semellante foi o paso do Voleiboleiros Sada polo Campionato de España Cadete. As coruñesas remataron na décimo primeira praza.
Por último non tivo sorte o Ourense Volei Praia no seu paso pola competición nacional. As galegas quedaron relegadas á cola da clasificación.

Os conxuntos galegos pechan así a súa participación neste vibrante nacional cadete que se celebrou en Dumbría.

Deixámovos por aquí algunha das fotos desta grande experiencia: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLdlIyOHFQaURYRGc

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP