V TORNEO DE MARÍN

O Circuito Galego de Volei Praia Senior volve o vindeiro fin de semana a Marín. A terceira proba do verán para esta categoría celebrarase entre o sábado 15 e o domingo 16 de xullo na praia de Loira.
O V Trofeo Concello de Marín, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia é un ano máis parada obrigatoria do circuito autonómico. O horario do torneo será de 10 a 21 horas o sábado e de 10 a 20 horas o domingo.
A proba, como todas as incluidas no Circuito Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.

A inscrición nesta proba de Marín farase achegando, antes do mércores día 12 ás 20.00 h, un correo elecrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (IVE incluído).

Os premios serán os seguintes:
Importe máximo de 400 euros/categoría. Importe mínimo de 200 euros/categoría.
Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe tanto na categoría masculina como na feminina:
POSTO
1º 50% (Ata 200 euros)
2º 25% (Ata 100 euros)
3º 15% (Ata 60 euros)
4º 10% (Ata 40 euros)

Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.



Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP