Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2017

CEA FIN DE TEMPADA

Imaxe

TORNEO DE TODAS AS CATEGORÍAS EN ALLARIZ

Imaxe
O pasado 16 de agosto celebrouse en Allariz un torneo para todas as categorías. Aquí vos deixamos algunhas imaxes:  https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLNTVWZU9qOE5jMUk Primerios Clasificados:  Luis y Adrián Segundos Clasificados:  Santiago y David Terceiros Clasificados: Hugo y Noé  Grazas a todos os participantes por vir a esta experiencia, esperámosvos o 23 de agosto noutro torneo para as categorías alevín e Sub-17!

CRÓNICA III TORNEO INTERNACIONAL DE AS PONTES

Imaxe
As parellas Monfort/Monfort e Imargues/Zunzunegui foron as vencedoras dun trofeo que xuntou a grandes xogadores a niven autonómico e nacional O III Torneo Internacional “Lago de As Pontes”, que coronou ás parellas Monfort/Monfort (masculino) e Imargues/Zunzunegui (feminino), foi o espectacular colofón a un vibrante verán que puxo punto e final á tempada oficial de praia. O pasado fin de semana este areal coruñés acolleu un dos trofeos máis vistosos da tempada organizado polo Club Deportivo Aldebarán e a Federación Galega de Voleibol coa inestimable colaboración do concello de As Pontes. Este torneo reúne cada ano a grandes xogadores de reconocido prestixio tanto a nivel autonómico como nacional e pon o broche final ao Circuito Galego de Volei Praia. A proba de As Pontes tamén foi escenario de excepción para o desenlace do Circuito Galego de Categorías inferiores, con probas durante todo o fin de semana para a canteira da nosa terra. O sábado tiveron lugar as compe

PRÓXIMOS TORNEOS NA PROVINCIA DE OURENSE

Imaxe
A provincia de Ourense non para, e nas próximas semanas seguirá habendo onde xogar a este grandioso deporte. As probas son as seguintes: Torneo Mixto en Ourense Data: 2 de setembro Inscrición:  Socios: gratis Non Socios: 5€/persoa correo No correo: torneoscovp@gmail.com até as 12h do día anterior á proba Camiseta de regalo Torneo Absoluto en Allariz (todas as categorías) Dara: 16 de setembro Inscrición:  Socios/Alumnos escola: gratis Non socios: 3€/persoa Na recepción da piscina até as 16h do mesmo día da proba Camiseta de regalo  Torneo Alevín e Sub-17 en Allariz Data: 23 de agosto Inscrición: Socios/Alumnos escola: gratis Non socios: 2€/persoa Na recepción da piscina até as16h do mesmo día da proba Camiseta de regalo

III TORNEO INTERNACIONAL DE AS PONTES

Imaxe
O Circuíto Galego de Volei Praia chega ao seu fin o vindeiro fin de semana.  O sábado 19 e o domingo 20 de agosto a tempada de praia terá unha clausura espectacular co III Torneo Internacional de Volei Praia “Lago de As Pontes” A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol e o Club Deportivo Aldebarán en colaboración co Concello de As Pontes celebrou con gran éxito as dúas edicións precedentes, na que se reuniron a flor e nata do volei praia tanto autonómico como nacional. Este ano de novo espérase vivir un gran fin de semana con xogadores e partidos de moito nivel que farán as delicias dos espectadores que acudan á praia coruñesa. Este ano ademáis, aparte da categoría senior, haberá proba para categorías inferiores (Sub 19, cadete, infantil e alevín) federadas e tamén torneo amateur, pistas de volei herba e voleibol sentado. Ademáis as pistas de Volei herba serán de acceso libre a partir das 16.00 horas eo voleibol sentado desenvolveráse o sábado de 11.0

CRÓNICA VI PROBA DO CGVP SENIOR EN O ÉZARO

Imaxe
A esta proba foron as seguintes parellas do clube: Fernández/Trillo Jiménez/Freire Giráldez/González As parellas Triñanes/González (Barraña Volei Praia) e Losada/Guiñazu (CDPF e CM Ferrol), son os novos campións galegos senior. O título decidiuse na gran final celebrada o pasado sábado en O Ézaro (Dumbría) onde ademáis se coroaron aos campións Sub 21, Vázquez/Causin (V.Sada/VP Lugo) no apartado feminino e Lado/Aba (Voleibol Dumbría) no masculino. O areal dumbriés reuniu durante todo o fin de semana ás mellores parellas do panorama autonómico, co fin de decidir aos novos campións e disputarse ademais as dúas prazas en liza (masculina e feminina) para representar a Galicia na Final do Campionato de España que se celebrará en Fuengirola (Málaga) do 31 de agosto ao 3 de setembro. Das catorce parellas presentes na final galega masculina, resultaron vencedores Ángel Losada e David Guiñazu, que acudían á final co aval de dous ouros (Poio e Marín), unha prata (Ourense) e un br

SEXTA PROBA DO CGVP SENIOR EN O ÉZARO

Imaxe
O Campionato Galego Senior 2017 de Volei Praia chega á súa recta final coa celebración da sexta proba o vindeiro fin de semana do 12 e 13 de agosto na praia de O Ézaro.  O areal dumbriés acollerá un ano máis o torneo senior organizado pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Exmo. Concello de Dumbría. Este trofeo determinará os Campións Galegos 2017 que obterán praza para representar a Galicia na Final do CEVP que se disputará do 31 de agosto ao 3 desetembro en Fuengirola (Málaga). A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (IVE incluído) Os premios nas dúas categorías senior serán os seguintes: 1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría 2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría 3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría 4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría Lembramos tamén que será ne

CRÓNICA V PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES E SENIOR

Imaxe
  A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Excmo. Concello de Dumbría, celebrouse os días 5 e 6 de agosto. Cabe destacar o segundo posto acadado na categoría cadete por a grande parella do clube Andrea Jiménez e Cristina Freire que están a pelexar en todas as probas por subir ao podio. O Trofeo Concello de Poio Volei Praia, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Organizia EventoGlobal, tivo lugar na praia de Lourido e como todas as incluídas no Campionato Galego, foi puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior. Rebeca Kruse e Pula Alonso estiveron a piques de meterse nas semifinais, polo que acadaron a quinta posición. Tamén participaron no apartado masculino Carlos Fernández e Roberto Rodríguez (Barraña VP), Boris Trillo e Iván Vázquez e Antonio Molina e César Molina.