SEXTA PROBA DO CGVP SENIOR EN O ÉZARO


chicos jugando sobre la arena de oira con la red azul.

O Campionato Galego Senior 2017 de Volei Praia chega á súa recta final coa celebración da sexta proba o vindeiro fin de semana do 12 e 13 de agosto na praia de O Ézaro. 
O areal dumbriés acollerá un ano máis o torneo senior organizado pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Exmo. Concello de Dumbría. Este trofeo determinará os Campións Galegos 2017 que obterán praza para representar a Galicia na Final do CEVP que se disputará do 31 de agosto ao 3 desetembro en Fuengirola (Málaga).

A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (IVE incluído)

Os premios nas dúas categorías senior serán os seguintes:
1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.

Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.


Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP