Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2016

CURSO DE ADESTRADOR DE VOLEI PRAIA FIVB NIVEL I

Imaxe
A seguir temos dous documentos con toda a información moito máis detallada

AMPLIACIÓN SOBRE O MADISON 2016

Imaxe
Relembramos as datas e os lugares das probas deste ano do Madison:
Las Rozas: 16 a 19 de xuño no Recinto FerialValencia: 7 a 10 de julio na Playa de la MalvarrosaLaredo: 21 a 24 de julio na Playa de la SalvéTarragona: 11 a 14 de agosto na Playa de l’ArrabassadaFuengirola: 26 a 28 de agosto naReserva del HigueróPoderedes anotarvos de duas maneiras: Facendo a inscrición a todo o circuíto, con prezo especial Facendo a inscrición proba por proba  As persoas que queiran inscribirse á primeira proba, poderán facelo antes das 09:00 horas do 8 de xuño a través dun e-mail enviando o boletín que segue a continuación.
Para máis información podedes entrar nos seguintes enlaces: http://www.rfevb.com/voley-playa e http://beachvolleytour.es/

CURSO DE ÁRBITROS DE VOLEI PRAIA TERRITORIAL B

Imaxe
Este fin de semana en Ourense realizarase un curso para obter o título territorial B de árbitro de volei praia. Este curso terá lugar o día 4 de xuño nunha sala do estadio de O Couto cunha duración de 8 horas(de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h).
Poderedes anotarvos enviando un e-mail á federación  proporcionando:
Nome completoDNIData de nacementoTeléfonoE-mail, Copia do ingreso da cota de inscrición (20 euros) na conta da FGVB : Banco Sabadell 0081-0499-64-0001378440

SEMINARIO ACTUALIZACIÓN ÁRBITROS VOLEI PRAIA 2016

Imaxe
Para anotarse só é preciso proporcionar neste correo electrónico arbitros@fgvb.es a seguinte información: Datos persoais e de contacto (nome completo, teléfono e correo electrónico)Xustificante de ingreso na conta da FGVB (Banco Sabadell 0081-0499-64-0001378440)



CALENDARIO MADISON VOLLEY TOUR

Imaxe
Xa temos o calendario deste ano do Masidon Volley Tour.
Os lugares que acollerán este evento son: Las Rozas, Valencia, Laredo, Tarragona e 
Fuengirola; estará organizado por Madison e a Real Federación Española de Voleibol.

A primeira cita será en Las Rozas os días 17, 18 e 19 de xuño
A segunda en Valencia os días 8, 9 e 10 de julio
A terceira en Laredo os días 22, 23 e 24 de julio
A cuarta en Tarragona os días 12, 13 e 14 de agosto
A quinta en Fuengirola os días 26, 27 e 28 de agosto

É unha boa ocasión para vivir este deporte tanto para xogadores como para aficionados.

Unha nova novedade é que a organización fará un programa resumo de cada torneo.




Aquí poderedes ver a páxina do evento: http://beachvolleytour.es/

INFORMACIÓN ACTIVIDADES DA FGVB

Imaxe
CAMPUS DE VOLEI PRAIA 2016 - XORNADAS DE SUPERVISIÓN E CONTROL
Este proxecto estará dirixido polo Seleccionador Galego de Volei Praia, Eloy Mahía, e os seus colaboradores. Os adestradores aproveitarán para supervisar e captar nenos con potencial para incorporalos ao Plan de Tecnificación Especial da FGVB.
Xornadas de Supervisión e Control
Realizarase en xuño na praia de Ézaro (Dumbría):
Días 4 e 5 a categoría sub-15 e sub-17Días 20 e 21 a categoría alevín e sub-15Días 22 e 23 a categoría sub-15 e sub-17
Haberá prazas limitadas e varios formatos con diferente custo segundo sexan asistentes externos, que só acuden á actividade (20 euros/día), media pensión con comida (entre 35 e 40 euros/día) ou pensión completa (entre 50 e 70 euros/día).
Campus de Volei Praia
Celebraranse en Dumbría a partir do mes de julio. Durarán cinco días, con aloxamento no Albergue Municipal, e incluirán ademais actividades culturais e de ocio e Master Class de xogadores relevantes que completarán a formación dos asisten…

CALENDARIO PROVISIONAL DO CGVP 2016

Aquí vos deixamos o calendario provisional das probas de volei praia desta temporada.

Se fosen modificados, avisaríamos.
CALENDARIO PROVISIONAL DO CGVP 2016 DIAS MES CATEGORÍA LUGAR 11 Y 12 XUÑO SUB-15, SUB-17, SUB-19, SUB-21 SENIOR VIGO 18 Y 19 XUÑO SUB-19, SUB-21, SENIOR OURENSE 25 Y 26 XUÑO SENIOR LUGO 02 Y 03 XULLO SUB-15, SUB-17, SUB-19, SUB-21, SENIOR MARÍN 09 Y 10

RESULTADOS TORNEO INTERNACIONAL DE VOLEY PLAYA DE LORCA

Imaxe
Despois de 3 días intensos de partidos, do 29 de abril ao 1 de maio, con chuvia, frío, sol e calor no centro de tecnificación de Lorca volvemos a Ourense; non con moi bos resultados, pero si con moitas horas de partidos que nos serviron de adestramentos para mellorar.
¡Seguiremos adestrando para aumentar os nosos postos nos próximos torneos!
Aquí está a clasificación do fin de semana:
Aquí vos deixamos un enlace con fotos e vídeos do torneo:
https://www.dropbox.com/sh/rh5zj0xbfaz06vq/AAA_hzug8x8rxtUb6sP3P8Rka?dl=0