O Circuíto Galego de Volei Praia chega ao seu fin o vindeiro fin de semana. O sábado 19 e o domingo 20 de agosto a tempada de praia terá unha clausura espectacular co III Torneo Internacional de Volei Praia “Lago de As Pontes” A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol e o Club Deportivo Aldebarán en colaboración co Concello de As Pontes celebrou con gran éxito as dúas edicións precedentes, na que se reuniron a flor e nata do volei praia tanto autonómico como nacional. Este ano de novo espérase vivir un gran fin de semana con xogadores e partidos de moito nivel que farán as delicias dos espectadores que acudan á praia coruñesa. Este ano ademáis, aparte da categoría senior, haberá proba para categorías inferiores (Sub 19, cadete, infantil e alevín) federadas e tamén torneo amateur, pistas de volei herba e voleibol sentado. Ademáis as pistas de Volei herba serán de acceso libre a partir das 16.00 horas eo voleibol sentado de...