CRÓNICA III TORNEO INTERNACIONAL DE AS PONTES

Jugadoras Ourensanas, terceras clasificadas en As Pontes


  • As parellas Monfort/Monfort e Imargues/Zunzunegui foron as vencedoras dun trofeo que xuntou a grandes xogadores a niven autonómico e nacional

O III Torneo Internacional “Lago de As Pontes”, que coronou ás parellas Monfort/Monfort (masculino) e Imargues/Zunzunegui (feminino), foi o espectacular colofón a un vibrante verán que puxo punto e final á tempada oficial de praia.
O pasado fin de semana este areal coruñés acolleu un dos trofeos máis vistosos da tempada organizado polo Club Deportivo Aldebarán e a Federación Galega de Voleibol coa inestimable colaboración do concello de As Pontes. Este torneo reúne cada ano a grandes xogadores de reconocido prestixio tanto a nivel autonómico como nacional e pon o broche final ao Circuito Galego de Volei Praia.

A proba de As Pontes tamén foi escenario de excepción para o desenlace do Circuito Galego de Categorías inferiores, con probas durante todo o fin de semana para a canteira da nosa terra.
O sábado tiveron lugar as competicións Sub 19 e infantil mentres que o domingo foi a quenda dos cadetes e alevíns.

Na categoría máis “veterana” resultaron gañadoras as campionas galegas da categoría Sub 21, Laura Vázquez (Voleiboleiros Sada) e Iria Causin (VP Lugo).
No apartado masculino os vencedores foron os ferroláns Martín Villar e Alejandro Vigo.

En canto á categoría infantil, de novo o Voleiboleiros Sada subía ao máis alto do podio feminino, coa vitoria de Sandra Castro e Carlota Vilariño.

Na xornada dominical, Laura Vázquez repetía ouro na categoría cadete, nesta ocasión xunto coa súa compañeira do Voleiboleiros Sada, María Pedreira, tras vencer nun duelo fraticida a Sadra Castro e Carlota Vilariño na final e certificar a primeira praza do ranking neste apartado. O cadro de honra péchabase coa dupla do Club ourense Volei Praia que forman Alicia Viso e Xiana Cid.
No apartado masculino os campións da proba foron Martín Villar e Samuel Tembras, do CM Ferrol.

Por último tamén as máis cativas tiveron a oportunidade de disfrutar dunha xornada de volei praia no areal pontés, destacando as parellas Pisos/Vilariño e Vázquez/Acebes.
A proba de As Pontes, organizada pola Federación Galega de Voleibol xunto co Club Deportivo Aldebarán e o Concello local, pecha o Circuito Galego e pon o broche final á competición autonómica de volei praia 2017 de carácter oficial en calquera das súas categorías.

Publicacións populares deste blog

NORMATIVA VII TORNEO VILA DE ALLARIZ DE VOLEI PRAIA

II PRUEBA DEL CAMPEONATO GALLEGO VOLEY PLAYA (VIGOARENA 09)