Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2017

II PROBA DE CATEGORÍAS INFERIORES EN BOIRO

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia 2017 continúa avanzando e prepara xa a súa próxima parada en Boiro. A praia de Barraña acollerá a que será a segunda proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19. O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete.  A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club. A inscrición nesta proba de Boiro será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 28 ás 20.00 h, un correo eletrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletr...

CRÓNICA XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Imaxe
O pasado fin de semana celebrouse en O Barco de Valdeorras a XII Edición da Copa Deputación de Ourense de Volei Praia que ademáis serviu para arrincar este verán o Circuito Galego das Categorías Inferiores. O Salgueiral abriu a competición o sábado coas categorías infantil e   Sub 19   femininas.  Entre as máis experimentadas as vencedoras foron Emma Ordoñez e Sabela Moreno do Barraña VP e o Club Volei Praia Vigo respectivamente. Na final agardábanlles Lucía Prol e Aitana Fernández, do Emevé que á súa vez superaran nas eliminatorias a Freire/Jiménez (COVP). Ao podio subiron en terceira posición as ourensanas Cristina Freire e Andrea Jiménez que venceron a consolación  ante Laura Pajuelo e Elena Piñón. Ese mesmo día foi especialmente emocionante a competición infantil, onde xa se comezan a vislumbrar as grandes promesas do volei praia autonómico. Nesta categoría as mellores foron Lucía Ferreiro e Elba López. As do V. Sada venceron ás súas rivais ...

XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Imaxe
O  Salgueiral (Barco de Valdeorras)  acollerá a que será a primeira proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.  Ademáis a XII edición da Copa Deputación de Ourense, incluirá tamén un apartado senior, aínda que exclusivo para os equipos ourensáns. O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego, e ademáis os mellor clasificados da provincia de Ourense serán os novos vencedores da Copa Deputación. A inscrición nesta proba de O Barco de Valdeorras será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 21 ás 20.00 h, un correo elecrónico a  correo@fgvb  dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remiti...

TORNEO DE VOLEI PRAIA FESTAS DE OURENSE

Imaxe
INFORMACIÓN ADICIONAL O torneo é de participación aberta a todos os públicos sendo  necesaria inscrición previa. Os equipos estarán formados por dúas persoas, podendo ser masculinos, femininos ou mixtos. Adaptarase a normativa, a superficie do campo e a altura da rede para facilitar a participación. As inscricións rematan o luns 26 ás 16h , e pódense facer enviando un correo electrónico a torneoscovp@gmail.com ou Whatsapp ao 695187979 indicando: Nome e apelidos  DNI Data de nacemento Talle de camiseta Teléfono de contacto

CRÓNICA TORNEO DE OURENSE

Imaxe
O Trofeo Cidade de Ourense de Volei Praia, que comezou o venres 16 de xuño coas previas, pechouse coa proclamación de Miguel Mateo e Óscar Fernández, do CVP Santander (no apartado masculino) e de Gladys Giráldez e Patricia González, do Club Ourense Volei Praia (na categoría feminina) como campións da súa décimo segunda edición. Catorce parellas xogaron o torneo masculino, que comezou o venres coas previas, das que saíron clasificados as parellas Pereira García (Barraña VP) e Pereira García (CDPF) que xunto coas outras oito parellas clasificadas directamente para o cadro final, pasaron a pelexar pola segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia durante toda a xornada do sábado. Tras a prata de Guiñazu/Losada, subiron ao podio en terceira posición Ismael Martínez e o seu compañeiro Carlos Galego, que gañaron a consolación ante Fernández/Sixto. En canto á categoría feminina, foron trece os equipos inscritos no trofeo, e catro deles comezarían a xogar o venres por dous bill...

HORARIOS ADESTRAMENTOS DURANTE O VERÁN

Imaxe
A continuación os horarios dos adestramentos durante o verán 2017 para as diferentes categorías:

MADISON 2017

O Circuito Nacional de Volei Praia inicia unha nova tempada.  Xa é a quinta organizada por Madison e para este ano o calendario é o seguinte:           Valencia                        6 a 9 de xullo na Praia da Malvarrosa           Ayamonte (Huelva)     20 a 23 de xullo na Praia de Isla Canela           Laredo (Cantabria)       27 a 30 de xullo na Praia da Salvé           Tarragona                     10 a 13 de agosto na Praia de l’Arrabassada O aperitivo será a espectacular proba da WEVZA de Barcelona , e a guinda ao Circuito o porá, como cada ano, a Final do Campionato de España, que se celebrará un ano máis na Reserv...

XII TORNEO CIDADE DE OURENSE

Imaxe
O vindeiro fin de semana do 16 ao 18 de xuño organízase o XII torneo da Cidade de Ourense. Debido a que só contamos cunha pista de xogo o torneo limitarase a 14 parellas masculinas e a 14 parellas femininas inscritas con mellor ranking nacional de volei praia. O venres haberá previa feminina e masculina a partir das 17:00h, o sábado será o cadro final do torneo masculino   e o domingo  do feminino. Tanto o sábado como o domingo o torneo comezará ás 09:00h  ( Reunión técnica ás 08:30 (deberá estar presente un representante de cada club)) Por outra parte, o mércores realizarase un torneo no campo de Oira para os socios do club que estean inscritos à proba do campionato galego senior, non terá ningún coste e a parella gañadora pasará directamente ao cadro para o torneo da fin de semana.  É unha boa maneira de comezar a competir e de ter opcións de entrar no torneo para aqueles que non tedes puntos do ano pasado.  Recordar que para xogar ted...

RESUMO I PROBA DO CIRCUÍTO GALEGO DE VOLEI PRAIA

Imaxe
O torneo inaugural do Circuito Galego de Volei Praia coronou no primeiro podio da tempada a Luci Paz e Marta González, do Volei Praia Vigo, no apartado feminino e á parella formada por Pablo Penedo e Nathan Matos, do Club Vigo Voleibol, no masculino. Nesta ocasión ningunha parella do noso club puido acudir à primeira Proba do circuíto Galego Senior de Volei Praia  na praia de Samil (Vigo)

CIRCUITO ARAGONÉS SENIOR VOLEI PRAIA

Imaxe
O circuito Aragonés de Volei Praia 2017 constará de tres probas válidas que puntúan para o Clasificatorio que dará dereito ao Campionato de España. As datas da celebración do campionato serán: TERUEL : Categoría masculina 18/06/2017 - Categoría feminina 17/06/2017 ZARAGOZA CDM ACTUR : Categoría masculina 24/06/2017 - Categoría feminina 25/06/2017 ZARAGOZA INDOOR PLAZA : Categoría masculina 16/07/2017 - Categoría feminina 15/07/2017 A data tope de inscrición será de 6 días antes de cada unha das probas. Os equipos deberán prover a sua propia equipación de xogo, que deberá cumprir no fundamental (estilo e numeración) o establecido no Regulamento Técnico de Volei Praia, e os xogadores deberán empregar a mesma numeración en todos os partidos da competición.  O balón oficial de xogo é o modelo Mikasa VLS 300. Cada equipo deberá levar os seus propios balóns de aq...

DATAS RELEVANTES RELACIONADAS CÓS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CATEGORÍAS INFERIORES

As datas son as seguintes: CEVP Sub-21 Seleccións Autonómicas Masculino e Feminino en Las Palmas do 21 ao 23 de xullo  CEVP Cadete Clubs Mascullino e Feminino  na praia de Ézaro (Dumbría) do 21 ao 23 de xullo  CEVP Sub-19 Seleccións Autonómicas Masculino no   CIVP Lorca do 3 ao 5 de agosto  CEVP Sub-19 Seleccións Autonómicas Feminino no CIVP Lorca do 6 ao 8 de agosto  CEVP Infantil Clubs Feminino  no CIVP Lorca do 10 ao 12 de agosto  CEVP Infantil Clubs Masculino  no CIVP Lorca do 13 ao 15 de agosto CEVP Sub-19 Clubs Masculino  no CIVP Lorca do 17 ao 19 de agosto  CEVP Sub-19 Clubs Feminino  no CIVP Lorca do 20 ao 22 de agosto                                                                             ...

CALENDARIO PROVISIONAL 2017

¡COMENZAMOS! Estas son as datas provisionais deste verán. Se houber algún cambio, comunicarémolo en cuanto o sepamos. Días Mes VigoArena                       FGVB 3 e 4 xuño 10 e 11 xuño Vigo 17 e 18 xuño Sénior Ourense 24 e 25 xuño Copa Dep. Ourense (Cat. Infeiores) Ourense - O Barco 1 e 2 xullo Cat. Inferiores Sada 8 e 9 xullo Cat. Inferiores Carnota 15 e 16 xullo Marín Pdte fijar sede (Cat. Inferiores) 22 e 23 xullo A Guardia C.E. Cadete Dumbría 29 e 30 xullo C.G. Sénior Dumbría 5 e 6 agosto Poio C.G. Cat. Inf. Dumbría 12 e 13 agosto Open Dumbría 12 e 13 agosto Cat. Inferior...

WEVZA ZONAL EVENT “CIUTAT DE BARCELONA”

O Torneo Zonal da Western European Volleyball Zonal Association en Barcelona é unha proba internacional que dá puntos para o Ranking FIVB, e nun ano con tan escasos torneos internacionais e coa dificultade para entrar neles, vai ser un polo de atracción para moitos equipos europeos. As datas son o 30 de xuño para o torneo de clasificación e o 1 e 2 de xullo para o Cadro Final. Para participar tes que cumprimentar o Acordo coa CEV (incluido o certificado médico) que o podes descargar aquí:  https://cevadmin.cev.lu/Admini stration/BeachVolley/EditorIma ges/547/2017%20CEV%20BV-01%20A thlete_Commitment_Health_certi ficate%20form.pdf . Ademáis, deberás pagar a licencia europea (20€ por xogador) unha vez admitido no torneo, o cal, segundo a normativa da CEV, comunicarase ás Federacións Nacionais 7 días antes do seu inicio. A data tope de inscrición é o mércores 14 de xuño, e podes solicitala enviando un email a  voleyplaya@rfevb.com . Para solventar calquera duda ou informa...

XV TORNEO CIDADE DE VIGO

A primeira proba do circuito autonómico celebrarase entre o sábado 10 e o domingo 11 de xuño nas instalacións de VigoArena situadas na praia olívica de Samil. N esta ocasión exclusivamente para a categoría senior.  O horario do torneo será de 10 a 21 horas o sábado e de 10 a 20 horas o domingo. A proba, como todas as incluídas no Circuito Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior. Inscrición A inscrición nesta proba de Vigo farase achegando, antes do mércores día 7 ás 20.00 h, un correo elecrónico a  correo@fgvb  dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no  formulario de insc...