Galicia participa ata finais deste mes de agosto, nos Campionatos de España Sub 21 e Sub 19 que se están a celebrar nas instalacións do Centro de Volei Praia de Lorca. Deu comezo coa categoría Sub 19 feminina (do 14 ao 16 de agosto) e continúa coa Sub 21 (do 17 ao 19). Posteriormente será a quenda dos rapaces, coa Sub 19 masculina do 20 ao 22 para rematar coa Sub 21, do 23 ao 25 de agosto . As xogadoras do Club Ourense Volei Praia, Gladys Giráldez e Patricia González fixeron un gran campionato, acadando un quinto posto que soubo a pouco xa que estiveron a nada de gañarlle a Andalucía e pasar a semifinais. Gladys e Patricia fixeron unha fase de grupos espectacular, pechando unha intensa xornada inaugural con pleno de tres vitorias: ante Andalucía (2-0: 21-17/21-14) pola mañá, ante Castela A Mancha pola tarde (2-0) e fronte Canarias pasadas as 22 horas, con gran esforzo físico (2-1: 21-12/8-21/15-8). A pesar do cansazo acumulado, Patri e Gladys cumpriron á mañá seguinte p