QUARTA PROBA DO CGVP 2016 EN MARIN

Este fin de semana temos a cuarta proba do CGVB os días 2 e 3 de xullo na praia de Loira en Marín. A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior. Ao longo do fin de semana, ademáis dos Circuitos Galegos Senior (que incluirá Sub 21 e Sub 19), disputaranse as categorías infantil e cadete. A inscrición nesta proba de Marín farase achegando, antes do mércores día 29 de xuño ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/asadxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVB sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVB debidamente selado polo Club d...