I EDICIÓN DO VOLEI PRAIA PARA TOD@S NAS FESTAS DE OURENSE

Dende o Luns 27 ao Xoves 30 de Xuño coincidindo coas Festas de Ourense disputarase no campo Multiaventura dos Remedios (Fronte a rúa Avilés de Taramancos) a primeira edición do Volei Praia para tod@s.


Volei Praia para tod@s trátase dunha actividade deportiva aberta a toda a poboación que desexe realizar exercicio físico a través do volei praia ou do cachibol-praia.


Organizaranse catro actividades segundo a idade dos participantes:

Luns 27 (nenas e nenos de 6-12 anos): de 18 a 20h. Organización de partidos de cachibol-praia entre os asistentes polos monitores do COVP. Inscricións individuáis e gratuítas o día da competición no mesmo campo de 16:30 a 17h.

Martes 28 (nenos e nenas ata 16 anos): de 17-21h. Torneo Volei Praia mixto adaptado para principiantes . Inscricións por parellas (gratuíta) o día da competición no mesmo campo de 16:30 a 17h.

Mércores 29 (maiores de 50 anos): de 17 a 20 h. Organización de partidos de cachibol-praia entre os asistentes, dirixidos polos monitores do COVP. Inscricións por parellas (gratuíta) o día da competición no mesmo campo de 16:30 a 17h.

Xoves 30 (torneo aberto afecionado 2x2 mixto): de 10 a 13h  (Torneo A) de 16:30 a 19:30 (Torneo B).  Inscricións 1€/persoa ata o mércores, enviando un correo electrónico a ourensevoleipraia@gmail.com ou ben na pista Multiaventura de Luns-Mércores.


Xoves 30 as 20h finais entre os dous mellores equipos de cada unha das 4 actividades e as 21h entrega de trofeos.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP