PRIMEIRA PROBA DO CGVP 2016 EN VIGO

O vindeiro fin de semana comeza en  Vigo o Campionato Galego 2016 de Volei Praia.
A primeira proba do circuito autonómico celebrarase entre o sábado 11 e o domingo 12 de xuño nas instalacións de VigoArena situadas na praia olívica de Samil.
O XIV Trofeo Cidade de Vigo, abre un ano máis a tempada galega de volei praia e faino albergando todas as categorías: infantil, cadete, Sub19, Sub21 e senior.
A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.

A inscrición nesta proba de Vigo farase achegando, antes do mércores dia 8 ás 20.00 h, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Abanca ES65 2080 5126 13 3040005689. Nas categorías infantil e cadete a inscrición será gratuita.

Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe:

1º 50% (Ata 200 euros) 
2º 25% (Ata 100 euros) 
3º 15% (Ata 60 euros) 

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP