SEGUNDA PROBA DO CGVP 2016 EN OURENSE


Non queda nada para a segunda proba do CGVP que un ano máis se celebrará en Ourense os dias 17, 18 e 19 de xuño no areal de Oira.



  • O venres haberá previa do apartado femenino.
  • O sábado o apartado masculino xogará directamente o cadro final (sen previa), que será de 16 parellas.
  • O domingo será o apartado feminino o que xogará o cadro final que constará de 12 parellas.


Os equipos teñen que chegar con tempo para presentar a identificación e a documentación antes do primeiro dos seus encontros.

Os premios serán os seguintes:

1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría e trofeo.
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría e trofeo.
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría e trofeo.
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría 

A inscrición farase achegando, antes do mércores dia 15 ás 20:00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as.
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21) e o ingreso poderase facer no nº de conta do Banco Popular: ES89 0075 8909 1206 0093 7061

Aquí vos deixamos as listas de entrada:




Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP