Para inscribiros o solicitar información enviad un correo a ourensevoleipraia@gmail.com . O Campionato Galego Senior de Volei Praia inicia a súa andaina coa celebración da súa primeira proba o vindeira fin de semana do 14 ao 16 de xuño en Ourense . O VIII Trofeo Cidade de Ourense, organizado polo Club Ourense Volei Praia e coa colaboración da Federación Galega de Voleibol, constitúe o punto de arranque dun circuíto galego que promete intensas emocións ao longo desta tempada. Todas as probas serán puntuables para o RNVP e clasificatorias para o Campionato de España de Volei Praia Senior. O programa horario será o seguinte: Venres dia 14 de xuño (a partir das 16:00 h): Previa torneo masculino. Sábado dia 15 de xuño: Cadro Final torneo masculino de 16 equipos Domingo dia 16 de xuño: Cadro Final Feminino de 16 equipos A inscrición no torneo de Ourense farase achegando un email a...