Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE

Imaxe
O vindeiro fin de semana, días 29, e 30 de Xuño e 1 de Xullo, organízase o XIII Torneo da Cidade de Ourense. Este ano como novidade damos a benvida a APERSA como principal patrocinador do que será o Torneo APERSA Cidade de Ourense. Pero as novidades non rematan ahí, este ano contamos cunhas instalación renovadas con area homologada para a competición  e cunha nova pista de xogo a maiores da xa existente. Tanto o cadro masculino como o feminino estarán formados polas 16 mellores parellas inscritas, clasificadas segundo o Ranking Nacional de volei praia da RFEVB. Dependendo do número de inscritos poderíase disputar unha previa a tarde do venres 29 a partir das 16:00 h (darase certa flexibilidade de horarios se fose necesario. Poñerse en contacto coa organización). O sábado 30 as 9:00 dará comezo o cadro final do torneo masculino e o domingo a mesma hora (9:00) o cadro feminino. O Torneo APERSA Cidade de Ourense será a segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia 2

Escolas Volei praia

Imaxe

Moito adestramento!

Imaxe
Nas instalacións deportivas de Oira, está a haber moito moito volei praia!  Pouco a pouco a xente vai comezando a adestrar, porque.... a tempada de verán xa está ahí! Recorda, aínda estás a tempo de anotarte e disfrutar moito con este deporte tan maravilloso.

E ti, queres xogar?

Imaxe
Xa falta nada para que empece a escola de Ourense.  Un ano máis o Club Ourense Volei Praia organiza escolas deportivas nas instalación de Oira para rapaces entre os 8 e os 12 anos . Para anotarte , envía un correo a inscripcionscovp@gmail.com co nome e a idade do participante.   Se tes calquera dúbida contacta con nós:  - a través do correo inscripcionscovp@gmail.com  - ou no teléfono 694187979 Recorda que o mes de Maio é totalmente gratuíto! 

Comeza a tempada 2018

Imaxe
A NOVA TEMPADA DE PRAIA XA ESTÁ AQUÍ!! O verán está moi próximo e o Club Ourense Volei Praia xa está listo para voltar os adestramentos e as escolas deportivas.   A escola de Ourense comeza no mes de Maio para os rapaces de idades comprendidas entre 8 e 12 anos. Para máis información preme aquí.   Para os maiores de 12, iranse facendo grupos de adestramento a medida que vaian chegando solicitudes. Para máis información preme aquí.