XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE
O vindeiro fin de semana, días 29, e 30 de Xuño e 1 de Xullo, organízase o
XIII Torneo da Cidade de Ourense. Este ano como novidade damos a benvida a
APERSA como principal patrocinador do que será o Torneo APERSA Cidade de
Ourense. Pero as novidades non rematan ahí, este ano contamos cunhas
instalación renovadas con area homologada para a competición e cunha nova pista de xogo a maiores da xa
existente.
Tanto o cadro masculino como o feminino estarán formados polas 16 mellores
parellas inscritas, clasificadas segundo o Ranking Nacional de volei praia da
RFEVB.
Dependendo do número de inscritos poderíase disputar unha previa a tarde do
venres 29 a partir das 16:00 h (darase certa flexibilidade de horarios se fose
necesario. Poñerse en contacto coa organización).
O sábado 30 as 9:00 dará comezo o cadro final do torneo
masculino e o domingo a mesma hora (9:00) o cadro feminino.
O Torneo APERSA Cidade de Ourense será a segunda proba do Circuito Galego
de Volei Praia 2018. Un ano mais organizada polo Club Ourense Volei Praia xunto
coa Federación Galega de Voleibol no complexo deportivo de Oira, a carón da
praia fluvial de Oira e das piscinas municipais.
Nesta ocasión o torneo incluie as categorías senior e
sub 21, cun custo de inscrición de 22 € por parella. O horario
do torneo será de 9:00 a 21:30 horas nas dúas xornadas, sábado e
domingo e, recordamos, será puntuable para o RNVP.
A inscrición nesta competición dalle a cada
equipo o dereito a disputar un mínimo de dous partidos. O calendario de
competición será publicado o xoves 14 de Xuño de 2018 a partir das 20:00h e
poderá ser consultado na web, www.ourensevoleipraia.es, ou na web www.fgvb.es.
INSCRICIÓN:
A inscrición nesta proba realizarase enviando un
e-mail cos nomes e DNI de cada parella o correo: correo@fgvb.es con copia a inscripcionescovp@gmail.com O prazo límite para realizar a mesma será o
mércores 27 de xuño as 20:00h.
O pagamento da inscrición (22€ por parella)
realizarase no seguinte número de conta: 0075 8909 1206 0093 7061. Importante:
indicar en concepto o nome da parella pola que se esté abonando a inscrición.
A continuación, deberá enviar o xustificante de
pagamento o correo inscripcionescovp@gmail.com ou o teléfono: 695187979. Importante: prazo límite o xoves as 14:00h
PREMIOS:
Os premios serán os seguintes:
SUB.21 : 1 CLASIFICADO - 2 CLASIFICADO - 3
CLASIFICADO trofeo
SENIOR: Premio máis trofeo. Importe máximo do
premio de 600€/categoría. Importe mínimo de 360€/categoría.
Os importes totais irán en función do número de
inscricións en cada unha das categorías.
Todos os premios serán abonados mediante
transferencia bancaria e se realizará a correpondente retención de IRPF (esta
retención será a mínima esixida pola
ley).
Lembramos tamén que será necesario ter
tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas
de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB
dispón para tal fin.
Ademáis, para poder participar nesta competición
cada club deberá ingresar un aval de 100 € pola súa participación en calquera
categoría do Campionato Galego que lle será devolto ao remate do mesmo no caso
de que as súas parellas non recibiran ningunha sanción disciplinaria.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán
participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento
Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba
unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de
Competición da FGVb.
O club se reserva dos Wild Card en cada categoría
que podrá conceder a quen considere conveniente.