Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

COPA DEPUTACIÓN OURENSE 2016

Imaxe
Con este torneo damos por finalizada a temporada de voleipraia na nosa cidade. Por iso desexamos que veñades a disfrutar dunha fin de semana chea de area e diversión.

TORNEOS FINAL DE TEMPADA

Imaxe
Achégase o remate da tempada 2016, pero antes aínda queda disfrutar dos últimos torneos que se celebrarán na nosa cidade nas seguintes datas: Vila de Allariz-Ao lado da piscina 31 agosto ------------------------- sub-17  Cidade de Ourense-Areal de Oira 6 setembro ---------- sub-21 e senior  7 setembro ----------------------  sub-15  8 setembro ---------------------- sub-19  Fecha por acordar -------- senior mixto  Todas as competicións comezarán ás 17:00h, pero tedes que estar media hora antes para asistir á reunión técnica. Para anotarvos, só tedes que chamar a este número de teléfono ou deixar unha mensaxe: 722723128, Santi.

QUINTA PRAZA PARA GALICIA NO NACIONAL SUB 21

Imaxe
As Seleccións Galegas pechan a tempada de Volei Praia cunha boa actuación nos Campionatos de España por Seleccións Autonómicas Sub 21 celebrados en Alicante do 18 ao 21 de agosto. O combinado masculino, formado por Rubén Táboas e Nathan Matos (Club Vigo Voleibol) rematou o nacional nunha meritoria quinta praza, mentres que as rapazas, Patricia González e Gladys Giráldez (Club Ourense VP) tiveron que conformarse coa décimo terceira praza a pesar do bó xogo despregado.

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE AS PONTES

Imaxe
O pasado fin de semana o areal coruñés acolleu un dos trofeos máis vistosos da tempada, reunindo a xogadores de reconocido prestixio tanto a nivel autonómico como nacional e clausurando o Circuito Galego de Volei Praia 2016. No apartado masculino dominaron o torneo, Javier Monfort, campión da pasada edición, e o seu compañeiro nesta ocasión, Zdravko Komenov. No apartado feminino conquistaban o trofeo Teresa Zunzunegui e a súa compañeira de equipo no VP Santander, Nuria Pla. Do noso clube asistiron: Senior femenino Domínguez/Rodríguez --  Pulgarín/Sánchez --  Senior masculino Trillo/Sánchez(C. VIGO VB) Con este torneo ponse o broche final á competición autonómica de volei praia 2016 de carácter oficial en calquera das súas categorías.

GALICIA PARTICIPA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA SUB 21

Imaxe
Galicia participa un ano máis nos Campionatos de España de Volei Praia por  S eleccións  A utonómicas  na categoría Sub 21 , que na súa edición 201 6   se celebrarán en Alicante nos vindeiros días, entre o 18 e o 21 de agosto. Alicante nos vindeiros días, entre o 18 e o 21 de agosto. A expedición galega partirá mañá mércores rumbo á cidade alicantina, onde serán dous os combinados autonómicos que pelexarán entre os mellores conxuntos da canteira nacional polo tan ansiado título. Á fronte da delegación acude unha vez máis á cita nacional o seleccionador galego Eloy Mahía, que dirixirá no apartado masculino a actuación de Rubén Táboas e Nathan Matos e no feminio a de Patricia González e Gladys Giráldez. As dúas parellas foron seleccionadas polo técnico galego logo de concentrarse no Centro Galego de Tecnificación de O Ézaro dende o mércores 10 ao venres 12 de agosto para preparar o campionato de España xunto con outros catro deportistas que finalmente quedaron fóra da conv

II TORNEO INTERNACIONAL DE VOLEI PRAIA DE AS PONTES

Imaxe
O Circuíto Galego de Volei Praia chega ao seu fin o vindeiro fin de semana.  O sábado 20 e o domingo 21 de agosto a tempada de praia terá unha clausura espectacular co II Torneo Internacional de Volei Praia “Lago de As Pontes”. Esta derradeira proba albergará as categorías senior masculina e feminina, nas que será puntuable para o Ranking Nacional de Volei Praia. Ademais, outro dos grandes alicientes do torneo serán os seus premios, que terán o seguinte valor tanto na categoría masculina como na feminina: 1º clasificado – 1.200€
 2º clasificado – 600€
 3º clasificado – 300€ 
4º clasificado – 150€ A inscrición nesta proba de As Pontes farase achegando, antes do mércores día 17 ás 20:00 horas, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes xunto co xustificante bancario da inscrición. Tamén serán aceptadas as inscr

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE DUMBRÍA

Imaxe
O areal dumbriés reuniu durante todo o fin de semana ás mellores parellas do panorama autonómico, co fin de decidir aos novos campións e disputarse ademais as dúas prazas en liza (masculina e feminina) para representar a Galicia na Final do Campionato de España que se celebrará en Fuengirola (Málaga) do 26 ao 28 de agosto. No apartado feminino fixéronse co ouro  María Triñanes e Rebeca González que xogaron a final contra Gladys Giráldez e Patricia González; no masculino Nathan  Matos e Rubén Táboas gañaron a Ángel Losada e Cristóbal Álvarez. E a nosa parella Trillo-Fernández chegaron a semifináis e acadaron o 4º posto. ¡Parabéns! Do noso clube asistiron: Senior femenino Giráldez/González Alonso/Del Castillo Jiménez/Freire Pulgarín/Sánchez Domínguez/Rodríguez Senior masculino Fernández/Trillo Molina/Vázquez Clausurarase a edición 2016 o vindeiro fin de semana co derradeiro torneo oficial do verán, que terá lugar en As Pontes (A Coruña) os días 20 e 21 de agosto.

NOVENA PROBA DO CGVB 2016 EN O ÉZARO

O Campionato Galego Senior 2016 de Volei Praia chega á súa recta final coa celebración da novena proba o vindeiro fin de semana do 13 e 14 de agosto na praia de O Ézaro.  Este torneo determinará os Campións Galegos 2016 que obterán praza para representar a Galicia na Final do CEVP que se disputará do 26 ao 28 de agosto en Fuengirola (Málaga). Os gañadores obterán esta clasificación para o torneo nacional, sempre que xogasen polo menos dúas das probas do Circuito Galego de Volei Praia. Esta final senior incluirá as categorías Sub 19 e Sub 21, como vén sendo habitual ao longo do Circuito. Como en torneos anteriores, a inscrición nesta proba de O Ézaro farase achegando, antes do mércores día 10 ás 20:00 horas, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (cor

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE POIO

Imaxe
O 6 e o 7 de agosto celebrouse a oitava proba do CGVB en Poio para todas as categorías. Do COVP asistiron: Infantil feminino Núñez/Pérez -- Cadete feminino Lanzós/López -- Jiménez/Freire -- Barreiros/Pérez -- Zaplana/Blanco -- Cadete masculino Morales/Varela -- Sub-19 feminino Pulgarín/Sánchez -- Sub-19 masculino Cantón/Varela -- Sub-21 feminino Domínguez/Rodríguez -- Senior masculino Fernández/Yáñez -- Molina/Molina -- Trillo/Vázquez -- O próximo torneo terá lugar en Dumbría, sendo esta a última proba senior do CGVB

IV PROBA MADISON BEACH VOLLEY TOUR 2016

Imaxe
Tras a terceira proba celebrada na praia de Salvé en Laredo, o Circuito Nacional de Volei Praia trasládase á praia de L´Arrabasada en Tarragona para vivir o cuarto torneo do Madison Beach Volley Tour.  Será entre os días 11 e 14 de agosto.  Toda a información oficial do Circuito podes encontrala na nosa web ( http://www.rfevb.com/voley- playa ). Ademáis, Madison confeccionou unha páxina espectacular, que podes visitar aquí:  http://beachvolleytour.es/ .

CONVOCATORIA CURSOS NIVEL I E II DE ADESTRADORES

A Federación Galega de Voleibol, a través da Escola Galega de Adestradores, convoca os cursos de Adestradores, Nivel I e Nivel II.  O precio dos cursos é de 75€ para o Curso de Nivel I e 150€ para o curso de Nivel II. O pagó deberá efectuarse unha vez confirmada a sede segundo os inscritos. A data tope para enviar os modelos de inscrición é o luns 29 de Agosto. Convocatoria cursos adestradores:  http://www.fgvb.es/upload/Convocatoria%20Cursos%20Adestradores%2016-17.pdf G13-1 Solicitude de organización de curso de árbitro ou adestrador:  http://www.fgvb.es/upload/G13-I_Solicitude_de_Organizaci%C3%B3n_de_Curso_de_%C3%81rbitro_ou_Adestrador_.pdf G13-II Inscrición curso árbitro ou adestrador:  http://www.fgvb.es/upload/G13 -II_Inscripci%C3%B3n_Curso_%C3%81rbitro_ou_Adestrador.pdf

XLVI TORNEO INTERNACIONAL VOLEI PRAIA VILA DE LAREDO

-El torneo más antiguo de España- Lugar: Praia de La Salvé. Centro Municipal de Volei Praia de Laredo (Cantabria). Data: 6 e 7 de agosto de 2016. Horarios: Sábado: 12.00 a 21:30 h. Domingo: de 10:00 a 19:00 h. Infantís: só domingo. Modalidade: parellas A-2 Categorías: Sénior masculina e sénior feminina.                          Sub-15 masculina e sub-15 feminina. Inscrición: www.voleylaredo.com. Límite: 5.08.16 Licenzas: válidas as expedidas por calquera Federación Territorial. Reunión técnica: 11.30 h. Cota: 30,75 euros por equipo. Sub-15: gratuito. Premios: 1º 600. 2º 400. 3º 200. 4º 100 (seniors masculino y feminino). INFORMACIÓN: Tfno. 616465951 /  elu@laredo.es

OITAVA PROBA DO CGVB 2016 EN POIO

Imaxe
Esta fin de semana, 6 e 7 de agosto celebrarase a oitava prova do CGVB na praia de Lourido (Poio) abarcando  todas as categorías, dende a senior (Sub 21 e Sub 19) ata as inferiores cadete e infantil. A inscrición nesta proba de Poio farase achegando, antes do mércores día 3 de agosto ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.  A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Novagalicia Banco ES65 2080 5126

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE SADA

Imaxe
Esta fin de se semana,  30 e 31 de xullo,  tocou xogar na praia de Sada, onde só houbo torneo para as categorías inferiores. Do COVP foron: Infantil feminino Núñez/Domínguez -- González/Pérez -- Cadete feminino  Lanzós/López --   Puga/Borrajo --     Jiménez/Freire --  Barreiros/Blanco --  Zaplana/Viso --  Cadete masculino Cantón/Picos -- Sub-19 feminino Pulgarín/Sánchez -- Alonso/Fernández -- Sub-19 masculino Rodríguez/Álvarez --  Álvarez/Fernández -- O seguinte torneo será en Poio, esta vez para todas as categorías

CAMPEONATO DE ESPAÑA VOLEI PRAIA CADETE 2016

Imaxe
A praia de O Ézaro acollerá dende o venres 29 ata o domingo 31 de xullo, o Campionato de España de Volei Praia cadete tanto masculino como feminino. Á cita acuden os corenta e un mellores equipos do panorama nacional (24 femininos e 17 masculinos), clasificados nas competicións das súas respectivas autonomías, e dispostos agora a pelexar polo título que actualmente ostentan os locais do CV Dumbría no apartado masculino e o Majadahonda no feminino. Entre os participantes haberá unha ampla representación galega con oito clubes presentes na cita. Cinco equipos competirán na categoría masculina: o organizador e actual campión de España, Voleibol Dumbría, e os demáis clasificados por ranking autonómico: Vigo VB, Voleboleiros Sada, Volei Coruña e Barraña Volei Praia. E tres serán os conxuntos da terra que asistirán ao torneo feminino, tamén atendendo á orde de clasificación no Circuito Galego de Volei Praia disputado até o momento: Volei Praia Vigo, Volei Praia Riazor e Barrañ

PROBA DO CGVP EN SADA PARA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
O vindeiro fin de semana, 30 e 31 de xullo o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores  vivirá unha nova e emocionante proba en Sada .   A categoría senior volve descansar, e a praia de Las Delicias (ao carón do chiringuito) acollerá os torneos Sub 21, Sub 19, cadete e infantil. A inscrición nesta proba de Sada farase achegando, antes do mércores día 27 de xullo ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.  Listas de entrada: Infantil feminino:  http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_IF.pdf Infantil masculino:  http://www.fgvb.es/upload/Lis

VOLEI PRAIA EN RAZO

Imaxe

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE DUMBRÍA

Imaxe
Damos por rematada esta fin de semana de voleipraia só para as categorías inferiores na praia do Ézaro (Dumbría). Do noso clube asistiron: Infantil feminino Núñez/Domínguez -- Infantil masculino Rivero/Varela -- Cadete feminino Lanzós/Viso -- Barreiros/Borrajo -- Jiménez/Freire -- Sub-19 feminino Pulgarín/Sánchez -- Sub-19 masculino Rodríguez/Álvarez -- Álvarez/Fernández -- Sub-21 feminino Domínguez/Rodríguez -- A próxima cita será en Sada sendo só para categorías inferiores

GALICIA NO NACIONAL SUB-19

Imaxe
Galicia estivo no Campionato de España de Volei Praia Sub 19, que se celebrou en Arona (Canarias) entre o xoves 21 e o sábado 23 de xullo. Os resultados acadados foron de décimo primeiro (masculino) e un décimo quinto (feminino) na clasificación final. Neste enclave de excepción, Marco Lado (Dumbría Volei) e José Aba (CV Oleiros) enfrentábanse contra Castela A Mancha, Canarias, Andalucía, Cantabria e Asturias. No apartado feminino as nosas representantes, Alicia González (VPV) e Patricia González (COVP) enfrentábanse contra Madrid,  Baleares, C anarias, Cataluña e  Aragón. Agora tan só queda agardar a celebración do nacional sub 21 que se celebrará en Alicante do 18 ao 21 de agosto e pechará a actuación das nosas seleccións autonómicas nesta tempada de verán 2016 chea de emocións.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE VOLEI PRAIA SUB-19

Imaxe
A praia de  “Los Cristianos”  será o enclave de excepción gaelga para unha das grandes citas do ano para a canteira, o nacional que reúne aos mellores xogadores da categoría para coroar ao campión na modalidade de praia. Á localidade canaria viaxou a expedición galega, comandada polo seleccionador autonómico, Eloy Mahía. No torneo participarán, como cada ano, dous equipos, un por categoría. No feminino repite este ano Patricia González (Club Ourense Volei Praia), que na pasada edición xa amosou o seu talento sobre a area rematando entre os cinco mellores combinados do país xunto coa súa compañeira naquela cita, Gladys Giráldez. Este ano Patricia estrea parella, que será Alicia González, do Volei Praia Vigo, outra das grandes promesas do noso deporte. Pola outra banda o conxunto masculino estará formado por José Aba (CV Oleiros) e Marco Lado (Dumbría Volei), que collen a testemuña de Ismael Martínez e Lois Vázquez para tentar bater a novena praza acadada por eles na pasada ed

PROBA DO CGVP EN DUMBRÍA PARA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
A próxima fin de semana, 23 e 24 de xullo, haberá torneo para as categorías inferiores (sub-21, sub-19, cadete e infantil) descansando así os e as senior. O programa é o seguinte:  Sábado, 23: Categorías infantil e Sub 19  Domingo, 24: Categorias cadete e Sub 21 A inscrición nesta proba de Dumbría farase achegando, antes do mércores día 20 de xullo ás 20.00 h., un  correo electrónico a  correo@fgvb   dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as   adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no  formulario de inscrición oficial da FGVb  debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.  Listas de entrada: Infantil feminino:  http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada%20InfantilF.pdf Infantil masculino:  http://www.fgvb.es/upload/Lista

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE A GUARDA

Imaxe
A praia de Camposancos acolleu a quinta proba do Circuito Galego de Volei Praia 2016. Tras un intenso fin de semana, as parellas Gómez/Del Carmen e González/Giráldez proclamáronse vencedoras da categoría senior masculina e feminina respectivamente. Parellas inscritas do noso clube: Senior masculino Molina/Molina --  Trillo/Vázquez --  Senior feminino Alonso/Del Castillo --  Sub-21 feminino Giráldez/Fernández --  Sub-19 masculino Varela/Fernández (EMEVE) --  Cadete feminino Jiménez/Freire --  Barreiros/Blanco --  Infantil feminino González/Pérez --  Nuñez/Domínguez --  Parabéns para as parellas vencedoras! A próxima parada do Circuito Galego de Volei Praia será o vindeiro fin de semana do 23 e 24 de xullo en Dumbría onde se celebrará unha nova proba para as categorías Sub 21, Sub 19, cadete e infantil.

QUINTA PROBA DO CGVB 2016 NA GUARDA

A quinta proba do CGVB celebrarase os vindeiros días 16 e 17 de xullo en A Guarda. Terá lugar na praia de Camposancos (ao lado do club de tenis Codesal), e abarcará todas as categorías, dende a senior (Sub 21 e Sub 19) ata as inferiores cadete e infantil . A inscrición nesta proba de A Guarda farase achegando, antes do mércores día 13 de xullo ás 20.00 h., un  correo electrónico a  correo@fgvb   dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as  adxuntando o boletín de inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVB sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVB debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21)(IVE incluído) e o ingreso poderase facer nos nº de conta

III PROBA MADISON BEACH VOLLEY TOUR 2016

Imaxe
Tras a segunda proba celebrada na praia da Malvarrosa en Valencia, o Circuito Nacional de Volei Praia trasládase á praia de Salvé en Laredo para vivir o terceiro torneo do Madison Beach Volley Tour. Será entre os días 21 e 24 de xullo.  O prazo de inscrición péchase ás 9:00 horas do mércores 13 de xullo. Toda a información oficial do Circuito podes encontrala na nosa web ( http://www.rfevb.com/voley- playa ). Ademáis, Madison confeccionou unha páxina espectacular, que podes visitar aquí:  http://beachvolleytour.es/ .

O BALÓN VOA SOBRE A REDE DE OIRA

Imaxe
O martes cinco de xullo saiu no suplemento `+ Deporte´ do xornal `La Región´ unha páxina dedicada ao voleipraia en Ourense. Como xa sabedes  invitamos a todos aqueles que queiran iniciarse neste deporte a que entren na nosa páxina web e se anoten nas horas libres que temos na nosa aplicación. Ao facer iso teredes á vosa disposición a cancha, cun monitor e todo o necesario para comezar a xogar e aprender sen ningún tipo de necesidade, salvo a de querer pasalo ben. Enlace do xornal: http://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/balon-vuela-red-oira/20160705190327633447.html Para máis información podedes chamar ao seguinte número de teléfono, 695187979

TORNEOS VOLEI PRAIA 2016

Imaxe
Este ano celebraranse diferentes torneos na cidade de Ourense, na vila de Allariz e na Rúa para todos os públicos. Apuntádevos e disfrutade do volei praia como tamén dos novos compañeiros! Para anotarvos, só tedes que chamar a este número de teléfono ou deixar unha mensaxe: 722723128, Santi COPA DEPUTACIÓN Cidade de Ourense-Areal de Oira Sub-19 feminino ----> 12 de xullo Sub-19 masculino ----> 13 de xullo Senior mixto ----> 3 de setembro A Rúa Senior e Sub-21 masculino e feminino ----> 27 de agosto Sub-15 masculino e feminino ----> 28 de agosto Vila de Allariz-Ao lado da piscina Alevín mixto masculino (3x3) ----> 14 de xullo Sub-17 mixto ----> 28 de xullo Sub-17 masculino e feminino ----> 24 de agosto NO FEDERADOS Cidade de Ourense-Areal de Oira Torneo clausura ----> 30 e/o 31 de agosto Vila de Allariz-Ao lado da piscina Torneo apertura ----> 28 e/o 29 de xuño Torneo mixto senior aficionado ----> 3

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE MARÍN

Imaxe
Esta fin de semana disputábase en Marín o IV torneo do CGVB, no que se inscribiron trinta e dúas parellas no torneo masculino e trinta e unha no feminino Senior feminino Del Castillo/Alonso --  Sardiña/Zunzunegui (VP Santander) --  Giráldez/González -- Senior masculino Fernández/Yáez -- Trillo/Vázquez -- Soto/De Francisco --  Molina/Molina --  Sub-21 Varela/Cantón -- Cadete feminino López/Lanzós -- Infantil feminino Gónzalez/Pérez --  Parabéns ás parellas  Carlos Galego e Óscar Sánchez no apartado masculino e Cristina Imargues e Teresa Zunzunegui no feminino polos seus primeiros postos. O próximo torneo do CGVB será os días 16 e 17 na Guardia, non habendo a fin de semana do 9 e 10