QUINTA PROBA DO CGVB 2016 NA GUARDA

A quinta proba do CGVB celebrarase os vindeiros días 16 e 17 de xullo en A Guarda.
Terá lugar na praia de Camposancos (ao lado do club de tenis Codesal), e abarcará todas as categorías, dende a senior (Sub 21 e Sub 19) ata as inferiores cadete e infantil.


A inscrición nesta proba de A Guarda farase achegando, antes do mércores día 13 de xullo ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.

Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVB sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVB debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.

A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21)(IVE incluído) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Novagalicia Banco ES65 2080 5126 13 3040005689 (indicando no concepto o nome do responsable a inscribir, deporte e sede) ou ben, previo aviso, en efectivo na propia praia. Nas categorías cadete e infantil a inscrición será gratuita.

Os premios nas dúas categorías senior serán os seguintes:

1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría (ata 200 euros)
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 100 euros)
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 60 euros)
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 40 euros)

Listas de entrada:

Infantil feminino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_IF.pdf
Infantil masculino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_IM.pdf
Cadete feminino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_CF.pdf
Cadete masculino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_CM.pdf
Senior feminino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_SF.pdf
Senior masculino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_SM.pdf



Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP