CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE VOLEI PRAIA SUB-19

A praia de “Los Cristianos” será o enclave de excepción gaelga para unha das grandes citas do ano para a canteira, o nacional que reúne aos mellores xogadores da categoría para coroar ao campión na modalidade de praia.

Á localidade canaria viaxou a expedición galega, comandada polo seleccionador autonómico, Eloy Mahía. No torneo participarán, como cada ano, dous equipos, un por categoría.

No feminino repite este ano Patricia González (Club Ourense Volei Praia), que na pasada edición xa amosou o seu talento sobre a area rematando entre os cinco mellores combinados do país xunto coa súa compañeira naquela cita, Gladys Giráldez. Este ano Patricia estrea parella, que será Alicia González, do Volei Praia Vigo, outra das grandes promesas do noso deporte.

Pola outra banda o conxunto masculino estará formado por José Aba (CV Oleiros) e Marco Lado (Dumbría Volei), que collen a testemuña de Ismael Martínez e Lois Vázquez para tentar bater a novena praza acadada por eles na pasada edición do trofeo.


Teredes moita máis información nas redes sociais do clube (twitter, instagram e facebook)

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP