PROBA DO CGVP EN SADA PARA CATEGORÍAS INFERIORES

O vindeiro fin de semana, 30 e 31 de xullo o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores vivirá unha nova e emocionante proba en Sada. 
A categoría senior volve descansar, e a praia de Las Delicias (ao carón do chiringuito) acollerá os torneos Sub 21, Sub 19, cadete e infantil.

A inscrición nesta proba de Sada farase achegando, antes do mércores día 27 de xullo ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.

Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 


Listas de entrada:

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP