CAMPEONATO DE ESPAÑA VOLEI PRAIA CADETE 2016
A praia de O Ézaro acollerá dende o venres 29 ata o domingo 31 de xullo, o Campionato de España de Volei Praia cadete tanto masculino como feminino.
Á cita acuden os corenta e un mellores equipos do panorama nacional (24 femininos e 17 masculinos), clasificados nas competicións das súas respectivas autonomías, e dispostos agora a pelexar polo título que actualmente ostentan os locais do CV Dumbría no apartado masculino e o Majadahonda no feminino.
Entre os participantes haberá unha ampla representación galega con oito clubes presentes na cita. Cinco equipos competirán na categoría masculina: o organizador e actual campión de España, Voleibol Dumbría, e os demáis clasificados por ranking autonómico: Vigo VB, Voleboleiros Sada, Volei Coruña e Barraña Volei Praia.
E tres serán os conxuntos da terra que asistirán ao torneo feminino, tamén atendendo á orde de clasificación no Circuito Galego de Volei Praia disputado até o momento: Volei Praia Vigo, Volei Praia Riazor e Barraña Volei Praia.
O volei praia converteuse nos últimos anos nun atractivo máis para a localidade de O Ézaro, especialmente tras o acordo asinado entre o Concello e as Federacións Galega e Española de Voleibol, nas que Dumbría se consolida como sede de polo menos un campionato nacional e varias probas do Circuito Galego de Volei Praia e convértese en centro de tecnificación para as seleccións galegas deste deporte.