GALICIA PARTICIPA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA SUB 21

Galicia participa un ano máis nos Campionatos de España de Volei Praia por Seleccións Autonómicas na categoríaSub 21, que na súa edición 2016 se celebrarán en Alicante nos vindeiros días, entre o 18 e o 21 de agosto.
Alicante nos vindeiros días, entre o 18 e o 21 de agosto.
A expedición galega partirá mañá mércores rumbo á cidade alicantina, onde serán dous os combinados autonómicos que pelexarán entre os mellores conxuntos da canteira nacional polo tan ansiado título.
Á fronte da delegación acude unha vez máis á cita nacional o seleccionador galego Eloy Mahía, que dirixirá no apartado masculino a actuación de Rubén Táboas e Nathan Matos e no feminio a de Patricia González e Gladys Giráldez.


As dúas parellas foron seleccionadas polo técnico galego logo de concentrarse no Centro Galego de Tecnificación de O Ézaro dende o mércores 10 ao venres 12 de agosto para preparar o campionato de España xunto con outros catro deportistas que finalmente quedaron fóra da convocatoria.

Moita sorte às duas parellas!

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP