QUINTA PRAZA PARA GALICIA NO NACIONAL SUB 21
As Seleccións Galegas pechan a tempada de Volei Praia cunha boa actuación nos Campionatos de España por Seleccións Autonómicas Sub 21 celebrados en Alicante do 18 ao 21 de agosto. O combinado masculino, formado por Rubén Táboas e Nathan Matos (Club Vigo Voleibol) rematou o nacional nunha meritoria quinta praza, mentres que as rapazas, Patricia González e Gladys Giráldez (Club Ourense VP) tiveron que conformarse coa décimo terceira praza a pesar do bó xogo despregado.