NOVENA PROBA DO CGVB 2016 EN O ÉZARO

O Campionato Galego Senior 2016 de Volei Praia chega á súa recta final coa celebración da novena proba o vindeiro fin de semana do 13 e 14 de agosto na praia de O Ézaro. 

Este torneo determinará os Campións Galegos 2016 que obterán praza para representar a Galicia na Final do CEVP que se disputará do 26 ao 28 de agosto en Fuengirola (Málaga).

Os gañadores obterán esta clasificación para o torneo nacional, sempre que xogasen polo menos dúas das probas do Circuito Galego de Volei Praia. Esta final senior incluirá as categorías Sub 19 e Sub 21, como vén sendo habitual ao longo do Circuito.


Como en torneos anteriores, a inscrición nesta proba de O Ézaro farase achegando, antes do mércores día 10 ás 20:00 horas, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.

Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 

A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Novagalicia Banco ES65 2080 5126 13 3040005689 (indicando no concepto o nome do responsable a inscribir, deporte e sede) ou ben, previo aviso, en efectivo na propia praia. 

Os premios nas dúas categorías senior serán os seguintes:
1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría+ trofeo
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría+ trofeo
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría+ trofeo
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría+ trofeo

Lista de entrada:

Senior masculino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_VP_Dumbr%C3%ADa%20Senior%20Masculino.pdf
Senior feminino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_VP_Dumbr%C3%ADa%20Senior%20Feminino.pdf

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP