OITAVA PROBA DO CGVB 2016 EN POIO

Esta fin de semana, 6 e 7 de agosto celebrarase a oitava prova do CGVB na praia de Lourido (Poio) abarcando todas as categorías, dende a senior (Sub 21 e Sub 19) ata as inferiores cadete e infantil.



A inscrición nesta proba de Poio farase achegando, antes do mércores día 3 de agosto ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.

Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 

A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Novagalicia Banco ES65 2080 5126 13 3040005689 (indicando no concepto o nome do responsable a inscribir, deporte e sede) ou ben, previo aviso, en efectivo na propia praia. 
Nas categorías cadete e infantil a inscrición será gratuita.


Os premios nas dúas categorías senior serán os seguintes:

1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría (ata 200 euros)
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 100 euros)
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría (ata 60 euros)

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP