TERCEIRA PROBA DO CGVP 2016 EN LUGO

A terceira proba do CGVB celebrarase os dias 24, 25 e 26 de xuño en Lugo, sendo esta a sua III edición


O torneo celebrarase nas instalacións do Real Aeroclube de Lugoen Rozas
En caso de que os participantes precisen aloxamento ou queiran coñecer as ofertas de almorzo, xantar e cena, poden poñerse en contacto co clube enviando un correo a voleipraialugo@gmail.com.

Horarios
SÁBADO: de 09.00 a 24.00 aproximadamente
DOMINGO: de 09.00 a 21.00.

Premios
1º 300€ 2º 170€ 3º 90€ 4º 50€. Con agasallos, ademáis, para todos os participantes.

A inscrición no torneo de Lugo farase achegando un email ás direccións correo@fgvb.es e voleipraialugo@gmail.com indicando nome, apelidos, DNI, clube de procedencia dos dous compoñentes da parella e tlf de contacto.
O custe será de 20 € por parella (IVE incluído), e o pago pode realizarse en efectivo nas instalacións ou facendo unha transferencia na conta do Voleipraia Lugo (ES39 2100 6815 6602 0005 5466) indicando o nome dos participantes.

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a licenza autonómica galega ou a licenza nacional de volei praia para poder participar nesta competición e que as parellas participantes deberán xogar os seus partidos debidamente uniformados tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb.
As listas de entrada do torneo, ordeadas en función do RNVP, e os cadros de competición poderedes consultalos na páxina da FGVB a medida que se achegue a data de celebración da proba.

Para calquer información adicional, pódese enviar un correo ao clube organizador: voleipraialugo@gmail.com.

Listas de entrada: 

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP