CRÓNICA XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE
O pasado fin de semana celebrouse en O Barco de Valdeorras a XII Edición da Copa Deputación de Ourense de Volei Praia que ademáis serviu para arrincar este verán o Circuito Galego das Categorías Inferiores.
O Salgueiral abriu a competición o sábado coas categorías infantil e Sub 19 femininas.
Entre as máis experimentadas as vencedoras foron Emma Ordoñez e Sabela Moreno do Barraña VP e o Club Volei Praia Vigo respectivamente.
Na final agardábanlles Lucía Prol e Aitana Fernández, do Emevé que á súa vez superaran nas eliminatorias a Freire/Jiménez (COVP).
Ao podio subiron en terceira posición as ourensanas Cristina Freire e Andrea Jiménez que venceron a consolación ante Laura Pajuelo e Elena Piñón.
Ese mesmo día foi especialmente emocionante a competición infantil, onde xa se comezan a vislumbrar as grandes promesas do volei praia autonómico. Nesta categoría as mellores foron Lucía Ferreiro e Elba López. As do V. Sada venceron ás súas rivais Ordoñez/Calo nun encontro que foi especialmente emocionante e posteriormente enfrentáronse na final ás súas compañeiras de equipo Sandra Castro e Carlota Vilariño, clasificadas tras vencer a Burgo/González.
Estas dúas parellas compartiron podio con Ainara Burgo e Carmen González, do Emevé, que superaron con solvencia a Sara Ordoñez e Helena Calo, do Barraña VP.
Así concluiu a xornada inicial do campionato para dar paso o domingo ás categorías alevín e cadete.
No apartado cadete, o único con competición masculina neste torneo, a igualdade foi máxima e o gran nivel amosado en O Barco augura un Circuito emocionante ata a derradeira proba.
Os vencedores foron Douglas Ribas e Yago Rodríguez-Toubes. Os do Club Vigo Voleibol clasificáronse para a gran final tras vencer a Roi Losada e Pablo Allegue (CDPF).
Para subir ao máis alto do podio tan só lles quedaba vencer a Bran Bugarin e Gonzalo Reverte (CDPF) que apearan na súa eliminatoria a Molares/Loureiro (C Vigo).
O bronce sería para Losada/Allegue, que gañaban o pulso ante Miguel Molares e Javier Loureiro.
Non menos emoción tivo o torneo feminino, no que as tres parellas cabezas de serie coparon o podio final e protagonizaron partidos de gran nivel.
O primeiro posto foi para María Pedreira e Laura Vázquez, do V. Sada que tras superar con moita solvencia a Inés López e Tamara Bembibre (COVP), tiveron que aplicarse na final ante dúas rivais duras de roer como Clara Barrios e Carla Míguez (VP Riazor).
As do VP Riazor superaran previamente unha esixente eliminatoria ante Cristina Freire e Andrea Jiménez.
O bronce sería para Freire/Jiménez tras superar a López/Bembibre.
Por último tamén foi un día de diversión para as máis cativas. As rapazas de categoría alevín tiveron o seu primeiro contacto coa praia e emosaron que teñen aptitudes e actitude de sobra para convertirse en grandes xogadoras no futuro. Nunha xornada lúdica, e apoiadas pola afición como en todas as categorías, destacaron sobre a area as parellas Bussieres/Bussieres, Estévez/Basalo e Pérez Velasco, que subiron aos caixóns do torneo por esa orde.
Fotos da xornada: