CIRCUITO ARAGONÉS SENIOR VOLEI PRAIA




O circuito Aragonés de Volei Praia 2017 constará de tres probas válidas que puntúan para

o Clasificatorio que dará dereito ao Campionato de España.

As datas da celebración do campionato serán:

TERUEL: Categoría masculina 18/06/2017 - Categoría feminina 17/06/2017

ZARAGOZA CDM ACTUR: Categoría masculina 24/06/2017 - Categoría feminina 25/06/2017

ZARAGOZA INDOOR PLAZA: Categoría masculina 16/07/2017 - Categoría feminina 15/07/2017

A data tope de inscrición será de 6 días antes de cada unha das probas.

Os equipos deberán prover a sua propia equipación de xogo, que deberá cumprir no fundamental (estilo e numeración) o establecido no Regulamento Técnico de Volei Praia, e os xogadores deberán empregar a mesma numeración en todos os partidos da competición. 

O balón oficial de xogo é o modelo Mikasa VLS 300. Cada equipo deberá levar os seus propios balóns de aquecemento.  

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

NORMATIVA VII TORNEO VILA DE ALLARIZ DE VOLEI PRAIA