CRÓNICA TORNEO DE OURENSE

O Trofeo Cidade de Ourense de Volei Praia, que comezou o venres 16 de xuño coas previas, pechouse coa proclamación de Miguel Mateo e Óscar Fernández, do CVP Santander (no apartado masculino) e de Gladys Giráldez e Patricia González, do Club Ourense Volei Praia (na categoría feminina) como campións da súa décimo segunda edición.
Catorce parellas xogaron o torneo masculino, que comezou o venres coas previas, das que saíron clasificados as parellas Pereira García (Barraña VP) e Pereira García (CDPF) que xunto coas outras oito parellas clasificadas directamente para o cadro final, pasaron a pelexar pola segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia durante toda a xornada do sábado.
Tras a prata de Guiñazu/Losada, subiron ao podio en terceira posición Ismael Martínez e o seu compañeiro Carlos Galego, que gañaron a consolación ante Fernández/Sixto.

En canto á categoría feminina, foron trece os equipos inscritos no trofeo, e catro deles comezarían a xogar o venres por dous billetes á seguinte fase. Conseguíronnos as parellas Freire/Jiménez (COVP) e Ollero/Pérez (CM Voleibol), que pasaban a disputar o domingo o cadro final, xunto ás outras oito parellas directamente clasificadas.
Máis igualada foi a final entre o conxunto ourensán e a parella cántabro-asturiana.
Xunto con estas dúas parellas subiron ao podio en terceira posición Luci Paz e Alba Quirós que venceron a Cristina Vázquez e Federica Farabegoli (VPV)

O vindeiro fin de semana Ourense será de novo epicentro do volei praia autonómico, coa celebración da XII Copa Deputación de Ourense de Volei Praia, que levará ao Salgueiral a primeira proba do Circuito Galego de Volei Praia para Categorías inferiores (alevín, infantil, cadete e Sub 19).

Máis fotos en: 

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP