II PROBA DE CATEGORÍAS INFERIORES EN BOIRO


O Circuito Galego de Volei Praia 2017 continúa avanzando e prepara xa a súa próxima parada en Boiro. A praia de Barraña acollerá a que será a segunda proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.

O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. 

A proba puntuará dentro do Circuito Galego.
A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.

A inscrición nesta proba de Boiro será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 28 ás 20.00 h, un correo eletrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.




Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP