XV TORNEO CIDADE DE VIGO

A primeira proba do circuito autonómico celebrarase entre o sábado 10 e o domingo 11 de xuño nas instalacións de VigoArena situadas na praia olívica de Samil. Nesta ocasión exclusivamente para a categoría senior. 
O horario do torneo será de 10 a 21 horas o sábado e de 10 a 20 horas o domingo.
A proba, como todas as incluídas no Circuito Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
Inscrición

A inscrición nesta proba de Vigo farase achegando, antes do mércores día 7 ás 20.00 h, un correo elecrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (IVE incluído) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Abanca ES65 2080 5126 13 3040005689.

Os premios serán os seguintes:
Importe máximo de 400 euros/categoría. Importe mínimo de 200 euros/categoría.
Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe tanto na categoría masculina como na feminina:
1º - 50% (Ata 200 euros)
2º - 25% (Ata 100 euros)
3º - 15% (Ata 60 euros)
4º - 10% (Ata 40 euros)

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta.

Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.

Listas de entrada



Planing


Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

NORMATIVA VII TORNEO VILA DE ALLARIZ DE VOLEI PRAIA