TORNEO DE VOLEI PRAIA FESTAS DE OURENSE
INFORMACIÓN ADICIONAL
O torneo é de participación aberta a todos os públicos sendo necesaria inscrición previa.
Os equipos estarán formados por dúas persoas, podendo ser masculinos, femininos ou mixtos.
Adaptarase a normativa, a superficie do campo e a altura da rede para facilitar a participación.
As inscricións rematan o luns 26 ás 16h, e pódense facer enviando un correo electrónico a torneoscovp@gmail.com ou Whatsapp ao 695187979 indicando:
- Nome e apelidos
- DNI
- Data de nacemento
- Talle de camiseta
- Teléfono de contacto