XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE


O Salgueiral (Barco de Valdeorras) acollerá a que será a primeira proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19. 
Ademáis a XII edición da Copa Deputación de Ourense, incluirá tamén un apartado senior, aínda que exclusivo para os equipos ourensáns.

O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego, e ademáis os mellor clasificados da provincia de Ourense serán os novos vencedores da Copa Deputación.

A inscrición nesta proba de O Barco de Valdeorras será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 21 ás 20.00 h, un correo elecrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 

Será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.

Os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.


Publicacións populares deste blog

NORMATIVA VII TORNEO VILA DE ALLARIZ DE VOLEI PRAIA

RESULTADOS DA VII PROBA DE POIO