III TORNEO INTERNACIONAL DE AS PONTES
O Circuíto Galego de Volei Praia chega ao seu fin o vindeiro fin de semana.
O sábado 19 e o domingo 20 de agosto a tempada de praia terá unha clausura espectacular co III Torneo Internacional de Volei Praia “Lago de As Pontes”
A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol e o Club Deportivo Aldebarán en colaboración co Concello de As Pontes celebrou con gran éxito as dúas edicións precedentes, na que se reuniron a flor e nata do volei praia tanto autonómico como nacional.
Este ano de novo espérase vivir un gran fin de semana con xogadores e partidos de moito nivel que farán as delicias dos espectadores que acudan á praia coruñesa.
Este ano ademáis, aparte da categoría senior, haberá proba para categorías inferiores (Sub 19, cadete, infantil e alevín) federadas e tamén torneo amateur, pistas de volei herba e voleibol sentado.
Ademáis as pistas de Volei herba serán de acceso libre a partir das 16.00 horas eo voleibol sentado desenvolveráse o sábado de 11.00 a 13.30 horas.
A competición senior, masculina e feminina, disputarase tanto sábado como domingo e as categorías inferiores repartiránse entre sábado para a Sub 19 e infantil e domingo para a cadete e alevín.
Esta derradeira proba será puntuable para o Ranking Nacional de Volei Praia e contará unha vez máis co aliciente dos seus premios, que terán o seguinte valor tanto na categoría masculina como na feminina:
1º clasificado – 1.000€
2º clasificado – 600€
3º clasificado – 300€
4º clasificado – 100€
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.
O Torneo Internacional Lago de As Pontes será un ano máis o gran colofón que porá fin ao Circuito Galego de Volei Praia e pechará as competicións oficiais do verán 2017.
- Planing Senior Feminino: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLU0hFbUNVclZmRjA
- Planing Senior Masculino: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLdDhWS2xkMlhkUkU
- Planing Alevín Mixto: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLc18yZ0ktWHhMTVU
- Planing Infantil Feminino: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLNFV3dmM1a2ZUZ1U
- Planing Cadete Feminino: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLUUJ1RThnTVFrZ00
- Planing Cadete Masculino: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLa3o4cjVzRlRTMzA
- Planing Sub-19 Feminino: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLQ2RiRXd4dDJZV00
- Planing Sub-19 Masculino: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLb1A4ODI1RDhfMDA