CRÓNICA VI PROBA DO CGVP SENIOR EN O ÉZARO


A esta proba foron as seguintes parellas do clube:
  • Fernández/Trillo
  • Jiménez/Freire
  • Giráldez/González
As parellas Triñanes/González (Barraña Volei Praia) e Losada/Guiñazu (CDPF e CM Ferrol), son os novos campións galegos senior. O título decidiuse na gran final celebrada o pasado sábado en O Ézaro (Dumbría) onde ademáis se coroaron aos campións Sub 21, Vázquez/Causin (V.Sada/VP Lugo) no apartado feminino e Lado/Aba (Voleibol Dumbría) no masculino.
O areal dumbriés reuniu durante todo o fin de semana ás mellores parellas do panorama autonómico, co fin de decidir aos novos campións e disputarse ademais as dúas prazas en liza (masculina e feminina) para representar a Galicia na Final do Campionato de España que se celebrará en Fuengirola (Málaga) do 31 de agosto ao 3 de setembro.

Das catorce parellas presentes na final galega masculina, resultaron vencedores Ángel Losada e David Guiñazu, que acudían á final co aval de dous ouros (Poio e Marín), unha prata (Ourense) e un bronce (Vigo) ás costas.

No apartado feminino, María Triñanes e Rebeca González revalidaban o seu título de campionas galegas en Dumbría tras asinar un gran torneo no que non cederon un só set en catro partidos disputados.

O Circuito Galego de Volei Praia chega este fin de semana ao seu final, co III Torneo Internacional de Volei Praia Lago de As Pontes, como gran colofón o 19 e 20 de agosto.

Máis fotos: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLcHA2R3g5MjNVdkE

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP