Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

PRESENTACIÓN TEMPADA 2017

Imaxe
O domingo 30 de abril terá lugar a presentación da tempada 2017. Sera ás 11:30 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz.   Fornecerémosvos moita información sobre este novo ano, ¡AGARDÁMOSTE!

'DESCUBRE VOLEI PRAIA' NO XORNAL LA REGIÓN

Imaxe
Aquí vos deixamos a noticia publicada na sección +Deporte do xornal La Región sobre a actividade 'Descubre Volei Praia' realizada o pasado luns 17 de abril nas intalacións de Oira,

MOITAS GRAZAS - DESCUBRE VOLEI PRAIA

Imaxe
Gran participación na xornada "Descubre Volei Praia" organizada polo Club Ourense Volei Praia o pasado luns 17 nas instalacións de Oira.  O club quere agradecer aos asistentes a súa participación, e convida aos que se quedaron coas ganas, a estar atentos ás novas actividades que organicen.

DESCUBRE VOLEI PRAIA

Imaxe
¡En breve comezará a tempada de volei praia! O próximo Luns 17 de Abril realizaremos no campo de Oira unhas xornadas abertas e gratuitas (dirixidas polos adestradores do club) para todos aqueles que queiran pasar un bo rato iniciándose ou perfeccionando no noso deporte. As xornadas serán mixtas e organizaranse en grupos por idades. ¡CONTAMOS CONTIGO!
Imaxe
SEDES E DATAS DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA E TORNEO CIVP Torneo Centro Internacional de Voley Playa (Senior) do 19 ao 21 de maio no CIVP Lorca CEVP Infantil Clubs Masculino do 13 ao 15 de agosto no CIVP Lorca CEVP Infantil Clubs Femenino do 10 ao 12 de agosto no CIVP Lorca  CEVP de Seleccións Autonómicas en Idade Escolar (CESA) do 30 de xuño ao 2 de xullo no CIVP Lorca CEVP Cadete Clubs Masculino e Femenino do 21 ao 23 de xullo na Praia de Ézaro Dumbría – (A Coruña) CEVP Sub-19 Seleccións Autonómicas Masculino do 3 ao 5 de agosto no CIVP Lorca CEVP Sub-19 Seleccións Autonómicas Femenino do 6 ao 8 de agosto no CIVP Lorca CEVP Sub-19 Clubs Masculino do 17 ao 19 de agosto no CIVP Lorca CEVP Sub-19 Clubs Femenino do 20 ao 22 de agosto no CIVP Lorca CEVP Sub-21 Seleccións Autonómicas Masculino e Femenino do 21 ao 23 de xullo en Las Palmas Final CEVP Senior Fuengirola do 31 de agosto ao 3 de setembro