Adestramentos Ourense



Os adestramentos para maiores de 12 anos xa están en marcha! 

O Club Ourense Volei Praia, un ano máis,  organiza adestramentos nas instalacións de Oira para maiores de 12 anos. Os menores de esa idade participarán nas escolas do club. Podes consultar máis información sobre as mesmas premendo aquí.  


Os grupos de adestramento estarán organizados en niveis: iniciación, intermedio e avanzado, puidendose facer máis dun grupo por nivel. Polo que se xa xogas, se fai tempo que non xogas ou nunca xogaste, non é un problema, o COVP é o teu club.  


Todos os adestramentos estarán dirixidos por un adestrador titulado co fin de que a atención dos profesionais sexa a mellor posible. Ademáis os grupos serán reducidos, cun  máximo de 10 xogadores por sesión, o cal permite que a atención do adestrador sexa o máis personalizada posible permitindo que os xogadores melloren máis rápidamente. 

Cada grupo darase cita en Oira para adestrar dúas veces por semana en sesión de unha hora e media. Sen esquecer que os xogadores poderán  participar ademáis en todas as actividades que realiza o COVP e participar nos torneos do circuito Galego e nacional se os adestradores consideran que estás preparado. 


¿CANDO COMEZAN? A resposta é moi fácil. Cando ti queiras! So tes que contactar con nós é buscaremos un grupo para que comeces. 


A tempada de verán está comezando polo que actualmente, no mes de abril, xa temos un grupo de avanzado adestrando. Durante o mes de maio esperamos que se organice algún grupo máis de adestramento e no mes de xuño abriranse máis grupos co horario definitivo para o resto dos meses de verán. 

Así que... A QUE ESPERAS? Faite socio e comeza a adestrar! 


Para inscribirte preme aquí



Publicacións populares deste blog

Comeza a tempada 2018

XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE

E ti, queres xogar?