Historia e obxectivos



O Clube Ourense Volei Praia, en adiante “C.O.V.P.”foi constituido no ano 2007 por un grupo de xogadores/as ourensáns que tomaron a iniciativa de promocionar e poder practicar de maneira federada o deporte do volei praia na única provincia galega que carece de costa. 

O día 20 de marzo de 2007 inscríbese no Rexistro de Clubs Deportivos na Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, coa intención de comezar no verán do mesmo ano as súas actividades. 

O Clube está formado principalmente por xogadores da provincia de Ourense. Conta con bastantes deportistas sénior, masculino e feminino con anos de experiencia na disputa de Campionatos de España e Galegos, así como un grupo cada vez máis importante de cativos e cativas que forman o groso e valor mais importante do noso clube, debido a que a creación de canteira Ourensá no voleipraia é un dos nosos obxectivos

Durante estes 12 anos de traxectoria, prácticamente en todos eles o noso club aportou xogadores as diferentes categorías da selección galega de volei praia, puidendo así representar a nosa comunidade nos Campionatos de España de Categorías Inferiores.  

Ademáis, tamén participamos en varios Campionatos de España de Volei Praia de Clubes como consecuencia de obter un posto no podium do Circuito Galego de Volei Praia. 


Dentro dos obxectivos do COVP destacan: 


- A DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DO VOLEI PRAIA na nosa provincia para todas as idades e niveis.  

Levamos 12 anos realizando diferentes actividades nas cales poden participar os socios e aqueles que non o son porque o fin é a promoción e fomento do volei Praia. Neste sentido se poden destacar, a organización de: 
  • Torneos de Copa Diputación, Torneos nas festas de Ourense, e na tempada 2017 realizáronse as xornadas de "Descubre o volei Praia" e o circuito provincial "Vaia Vaia en Ou Hai Praia".


- A FORMACIÓN DE CANTEIRA fomentando valores de amizade, respeto, compañerismo e xogo limpio.

Nos seus inicios a maior parte dos seus socios eran senior, sen embargo co paso dos anos o protagonismo da canteira foi incrementándose ata que na actualidade, esta representa máis do 80% das licencias. 


Durante todos estes anos, pouco a pouco fóronse creando escolas en diferentes lugares. Actualmente contamos con escolas en Ourense, Allariz e o Barco de Valdeorras


- A PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS E NACIONAIS  

Todos os anos participamos en todas as categorías nas diferentes probas do Circuito Galego de Volei Praia e facilitamos tamén a participación nas probas do Circuito de España de Volei Praia na categoría senior o igual que participamos en Torneos doutras comunidades autónomas

Na maioria dos anos os nosos xogadores conseguen clasificarse para xogar o Campionato de España de Clubs e ademáis este ano participamos nunha proba da primeira edición do Circuito de España de Volei Praia de Inverno



- XOGAR O VOLEI PRAIA DURANTE TODO O ANO

Somos o único club de Galicia que durante o inverno continúa facendo adestramentos para aqueles socios que queran seguir disfrutando da práctica deste deporte durante os 365 días do ano.  



←Volve a páxina principal                                            visita formar parte do club                








Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP