Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

HORARIOS ADESTRAMENTOS MES DE XUÑO

Imaxe
Aquí vos deixamos os horarios dos adestramentos deste mes de xuño. Animádevos a experimentar este gran deporte, ¡esperámoste!

TODOS OS DOMINGOS DE MAIO "DESCUBRE VOLEI PRAIA"

Imaxe
Todos os domingos de maio realizaremos no campo de Oira unhas xornadas abertas e gratuitas (dirixidas polos adestradores do club) para todos aqueles que queiran pasar un bo rato iniciándose ou perfeccionando no noso deporte. As xornadas serán mixtas e organizaranse en grupos por idades. Os horarios son os seguintes:  14-18 anos: 17:00h 10-13 anos: 18:00h Maiores de 18 anos: 19:00h Poderedes inscribirvos en torneoscovp@gmail.com ou no número de teléfono 695 187 979 . Animádevos a pasar os domingos de unha forma diferente facendo deporte, ¡agardámoste!

INFORMACIÓN REUNIÓN PRESENTACIÓN

Imaxe
O domingo 30 de maio tivemos a reunión de presentación desta nova tempada 2017. Nesta, fornecimos información de interese en relación ao club, á organización, ás tarifas, aos horarios... Os puntos máis destacados da xuntanza foron: Este ano contaremos cun coordinador das escolas deportivas con dedicación exclusiva. O seu nome é Roberto Castro González. É licenciado en inef e conta con unha ampla experiencia como adestrador de voleibol e volei praia e organización de eventos deportivos.  Este ano celebrarase o torneo "Vaia vaia en Ou hai praia"   tódolos mércores en Oira, co fin de chegar mellor preparados para os torneos da fin de semana e fomentar a convivencia entre os membros do club.  Para aqueles que o desexen, durante o mes de maio teremos xornadas "Descubre o Volei Praia" os domingos pola tarde. Valoraremos según o interese dos participantes a estas xornadas comezar os adestramentos un día a semana. En xuño comezan os dous adestramentos por seman