TODOS OS DOMINGOS DE MAIO "DESCUBRE VOLEI PRAIA"
Todos os domingos de maio realizaremos no campo de Oira unhas xornadas abertas e gratuitas (dirixidas polos adestradores do club) para todos aqueles que queiran pasar un bo rato iniciándose ou perfeccionando no noso deporte.
As xornadas serán mixtas e organizaranse en grupos por idades.
Os horarios son os seguintes:
14-18 anos: 17:00h
10-13 anos: 18:00h
Maiores de 18 anos: 19:00h
Poderedes inscribirvos en torneoscovp@gmail.com ou no número de teléfono 695 187 979.
Animádevos a pasar os domingos de unha forma diferente facendo deporte, ¡agardámoste!