Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE

Imaxe
O vindeiro fin de semana, días 29, e 30 de Xuño e 1 de Xullo, organízase o XIII Torneo da Cidade de Ourense. Este ano como novidade damos a benvida a APERSA como principal patrocinador do que será o Torneo APERSA Cidade de Ourense. Pero as novidades non rematan ahí, este ano contamos cunhas instalación renovadas con area homologada para a competición  e cunha nova pista de xogo a maiores da xa existente. Tanto o cadro masculino como o feminino estarán formados polas 16 mellores parellas inscritas, clasificadas segundo o Ranking Nacional de volei praia da RFEVB. Dependendo do número de inscritos poderíase disputar unha previa a tarde do venres 29 a partir das 16:00 h (darase certa flexibilidade de horarios se fose necesario. Poñerse en contacto coa organización). O sábado 30 as 9:00 dará comezo o cadro final do torneo masculino e o domingo a mesma hora (9:00) o cadro feminino. O Torneo APERSA Cidade de Ourense será a segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia 2