XIII TORNEO APERSA CIDADE DE OURENSE

Torneo voleibol. Hombre rematando




O vindeiro fin de semana, días 29, e 30 de Xuño e 1 de Xullo, organízase o XIII Torneo da Cidade de Ourense. Este ano como novidade damos a benvida a APERSA como principal patrocinador do que será o Torneo APERSA Cidade de Ourense. Pero as novidades non rematan ahí, este ano contamos cunhas instalación renovadas con area homologada para a competición  e cunha nova pista de xogo a maiores da xa existente.
Tanto o cadro masculino como o feminino estarán formados polas 16 mellores parellas inscritas, clasificadas segundo o Ranking Nacional de volei praia da RFEVB.
Dependendo do número de inscritos poderíase disputar unha previa a tarde do venres 29 a partir das 16:00 h (darase certa flexibilidade de horarios se fose necesario. Poñerse en contacto coa organización).
O sábado 30 as 9:00 dará comezo o cadro final do torneo masculino e o domingo a mesma hora (9:00) o cadro feminino.
O Torneo APERSA Cidade de Ourense será a segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia 2018. Un ano mais organizada polo Club Ourense Volei Praia xunto coa Federación Galega de Voleibol no complexo deportivo de Oira, a carón da praia fluvial de Oira e das piscinas municipais.
Nesta ocasión o torneo incluie as categorías senior e sub 21, cun custo de inscrición de 22 € por parella. O horario do torneo será de 9:00 a 21:30 horas nas dúas xornadas, sábado e domingo e, recordamos,  será puntuable para o RNVP.
A inscrición nesta competición dalle a cada equipo o dereito a disputar un mínimo de dous partidos. O calendario de competición será publicado o xoves 14 de Xuño de 2018 a partir das 20:00h e poderá ser consultado na web, www.ourensevoleipraia.es, ou na web www.fgvb.es.

INSCRICIÓN:
A inscrición nesta proba realizarase enviando un e-mail cos nomes e DNI de cada parella o correo: correo@fgvb.es   con copia a inscripcionescovp@gmail.com O prazo límite para realizar a mesma será o mércores 27 de xuño as 20:00h.
O pagamento da inscrición (22€ por parella) realizarase no seguinte número de conta: 0075 8909 1206 0093 7061. Importante: indicar en concepto o nome da parella pola que se esté abonando a inscrición.
A continuación, deberá enviar o xustificante de pagamento o correo inscripcionescovp@gmail.com ou o teléfono: 695187979. Importante: prazo límite o xoves as 14:00h

PREMIOS:
Os premios serán os seguintes:
SUB.21 : 1 CLASIFICADO - 2 CLASIFICADO - 3 CLASIFICADO trofeo
SENIOR: Premio máis trofeo. Importe máximo do premio de 600€/categoría. Importe mínimo de 360€/categoría.
Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías.



Todos os premios serán abonados mediante transferencia bancaria e se realizará a correpondente retención de IRPF (esta retención será  a mínima esixida pola ley).
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Ademáis, para poder participar nesta competición cada club deberá ingresar un aval de 100 € pola súa participación en calquera categoría do Campionato Galego que lle será devolto ao remate do mesmo no caso de que as súas parellas non recibiran ningunha sanción disciplinaria.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb. 
O club se reserva dos Wild Card en cada categoría que podrá conceder a quen considere conveniente.














Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP